Skip to Content

O ilustre Xoán Montes

O ilustre Xoán Montes

Xoán Montes Capón (Lugo 1840-1899).

Ao alumnado de 2º ESO expúxosenos unha curiosidade : saber quen foi Xoán Montes. Todos pensabamos que debía ser moi importante, tanto como para poñerlle o nome ao noso instituto.

Empezamos a investigar e o primeiro que nos sorprendeu foi que naceu en Lugo en 1840 e que morreu moi novo, con 59 anos.

Con 10 anos ingresa como interno non Seminario de Lugo para iniciar así a carreira sacerdotal. Sempre foi moi bo estudante pero xa desde pequeno observamos a paixón que sentía cara á música. Inicialmente foi un autodidacta e á vez que estudaba para seminarista realizaba tamén os estudos de música.

No 1863 acaba os seus estudos de seminarista pero renuncia a levar unha vida sacerdotal a favor dunha dedicación exclusiva cara á música na súa faceta como pianista, director e compositor.

En 1879 funda o “Orfeón Lucense” que máis tarde pasou a chamarse Orfeón Gallego, co que obtivo grandes éxitos e co cal interpretou obras compostas por el mesmo de poetas galegos como Rosalía de Castro, Curros Enríquez ou Eduardo Pondal .

Xoán Montes compuxo tanto obras relixiosas coma profanas .Entre estas últimas destacariamos a musicalización do poema de Rosalia de Castro “Negra Sombra”.

No 1886 concédeselle a Orde de Caballero de Isabel A Católica, condecoración á cal renuncia ao non considerarse merecedor de tal distinción.

Na madrugada do 24 de xuño e á idade de 59 anos Xoán Montes falece en Lugo.

Texto realizado por alumnado de 2º ESO. Curso 2022-23

 

Podes escoitar aquí a súa balada Negra Sombra, interpretada polos lucenses Carmen Subrido (soprano) e Xoán Elías Castiñeira (piano).

Xoán Montes

http://www.lugo.es, Public domain, via Wikimedia Commons

Distribuir contido


by Dr. Radut