Skip to Content

Complementarias

O día de Europa no IES Xoán Montes

Moitas foron as actividades que se levaron a cabo ao longo da mañá por parte do alumnado, profesorado e conserxes do noso centro.

Algunhas imaxes:

Traballo do alumnado de 2º ESO na materia de Historia e Xeografía. Fotos de Beatriz López

Participación no concurso de Educación Financeira

Hoxe 8 de maio, cargado de actividades no centro, alumnado de Empresa e Deseño de Modelos de Negocio, de 2º de bacharelato, participou no concurso que se organiza desde o programa de Educación Financeira, e que coa marca Finanza para todos, organizan a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), o Banco de España (BE) e o Ministerio de Economía, comercio y empresa.

Con pouco tempo, 2º de bacharelato é un curso moi esixente, pero con moitas ganas, esmeráronse en preparar e participar no concurso, unha nova experiencia que sempre enriquece.

Grazas a José Leal, Martín Rico, Uxía Rivas e Miguel Saavedra, foi un pracer tervos de alumnos, demostrastes a vosa implicación e esforzo, que a sorte e a forza vos acompañe nos vosos futuros proxectos.

 

Moitísimas grazas Jorge!

Hoxe 2 de maio tivemos a inmensa sorte de contar coa presenza de Jorge Rábade Alonso, exalumno do centro e Caballero Alférez Cadete que estuda o 3º curso na Academia de Oficiales da Garda Civil.

Nos grupos de 1º de bacharelato e no de 4º da ESO da materia Formación e Orientación Persoal e Profesional explicou a súa traxectoria académica, as súas inquedanzas cando estaba no noso centro e o seu día a día na Academia. Informounos tamén das posibilidades de acceder a Garda Civil, de páxinas útiles como ser militar ou reclutamiento, do que conleva o posto, do gran número de especialidades que existen dentro do corpo...

Conectou co alumnado co seu gran entusiasmo e as súas palabras "Tede amor polo que facedes e exteriolizalo"

Enorgullecémonos del, da ilusión con que vive a súa elección e de como nola transmite.

Grazas Jorge, esperamos que sigas nos vindeiros cursos contaxiándonos coa túa enerxía positiva!

Imaxes de Beatriz López CC BY-SA

Charla de "Perez Rumbao" dentro do programa EduTecEmprende

Hoxe 29 de abril, dentro do programa EduTecEmprende, da liña de actuación Conexión co mundo empresarial do Plan Eduemprende, que desenvolve a Dirección Xeral de Formación Profesional, puidemos desfrutar dunha interesante charla de Antonio Domingo Tudó, director de Recursos Humanos de Pérez Rumbao S.A.U.

Acudiron á clase de Economía de 1º de bacharelato tamén os de Economía e Emprendemento de 4º da ESO, ao escoller a modalidade de visita virtual, Antonio Tudó conectouse desde a aula por vía telemática co concesionario de Ourense. Percorréronse as instalacións do mesmo e entrevistouse a persoal dos distintos departamentos, o alumnado puido preguntar as súas inquedanzas e coñecer de maneira máis práctica o traballo nunha empresa, en especial do sector de automoción, descubrindo ademais amplas e variadas oportunidades profesionais.

 EduTEcEmprende, imaxes de Beatriz López CC BY-SA

O IES Xoán Montes en FP Innova

Hoxe 25 de abril, o alumnado de 4º da ESO A e C, acompañados por Belén Arrojo, Inés Iglesias e a que escribe, Beatriz López, puido desfrutar dunha xornada totalmente distinta e que esperamos espertase moito interese na gran variedade de estudos que oferta a FP.

O Congreso FP Innova 2024, é a sexta edición dun evento referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na FP de Galicia que se celebra na Cidade da Cultura, en Santiago. No enlace poden verse os diferentes obradoiros aos que podía ir o alumnado, ademais de numerosos stands con información moi práctica dos proxectos de emprendemento xerados nos centros de ensino.

Tamén houbo catas de pinchos ofrecidos por alumnado de ciclos de cociña, e parte do noso alumnado saíu no telexornal, no 12:46 (https://www.rtve.es/play/videos/telexornal-galicia/telexornal-galicia-2-25-04-2024/16076964/)

Lambóns!

Imaxes de FP innova de Beatriz López CC BY-SA

O Centro Superior de Hostelería de Galicia nas Xornadas de Orientación do IES Xoán Montes

Hoxe, 24 de abril, nas Xornadas de Orientación que para 4º de ESO se organizan desde Orientación no noso centro, puidemos coñecer ofertas de formación e experiencias de exalumnos de moito interese.

Mamen Fernández Romero e Óscar Alfeirán Varela do Departamento de Marketing do Centro Superior de Hostelería de Galicia, e este último tamén profesor de TICs, ademais da Alejandra Villanueva Muñoz, exalumna do citado centro e actualmente Directora do Eurostars Gran Hotel de Lugo, achegáronnos información non so dous grados que se imparten, Dirección hotelera e Gastronomía, senón do tipo de formación, con moita parte práctica e posibilidades de traballar tanto en España como en outros moitos países. É un sector con moitas saídas profesionais.

Recordamos que aos grados pode accederse mediante o bacharelato, pero tamén vía ciclo medio e ciclo superior de FP. Na páxina web pode facerse unha visita virtual ou solicitar unha visita ás instalacións para coñecer o funcionamento do CSHG así como toda a súa oferta de formación máis detalladamente.

Imaxes de Beatriz López

Charlas de Finanzas para mortais

Os martes 16 e 22 de abril, dentro da liña de actuación Desenvolvemento de habilidades empresariais do plan Eduemprende da Consellería de Educación, no que participamos, o alumnado de 1º de bacharelato da materia de Economía puido desfrutar dunhas motivadoras charla.

En concreto as charla eran da opción 3 do programa Finanzas para mortais, dirixida a Bacharelato.

Mª Jesús López Rodríguez, directora adxunta da oficina de empresas na oficina central do Banco Santander en Lugo, falounos eses dous días de moitos temas que teñen relación coa materia e  ademais desde a súa perspectiva e experiencia en banca.

En concreto tratamos:

  A economía dun país: Análise da economía dun país, principais indicadores económicos (PIB, desemprego, débeda, inflación).

  Fonte de ingresos dun país: Principais ingresos públicos, débeda pública, cotizacións sociais, transferencias recibidas, impostos.

  Gasto dun país: Orzamentos xerais do Estado, quen gasta nun país, principais partidas de gasto.

  As pensións: O Sistema da Seguridade Social, os cambios demográficos (taxa de natalidade, esperanza de vida, pirámide de poboación), evolución das pensións, que outras opcións existen, comparación de sistemas.

 Incluso comentounos tamén aspectos relacionados coas finanzas persoais.

 

Imaxe de Beatriz López

Around Shakespeare

Shakespeare's sonnet 1 with comments. mveiga CC BY-SA

O alumnado de 3º A e parte do alumnado de 1º de bacharelato C comentaron o soneto 1 de Shakespeare para celebraren o día do libro.

En 1º de bacharelato... Preparados para o salto!

Hoxe 22 de abril, dentro da liña de actuación Desenvolvemento de habilidades empresariais do plan  Eduemprende da Consellería de Educación, no que participamos, o alumnado de 1º de bacharelato da materia de Economía puido desfrutar dunha motivadora charla.

Carlota Sánchez Puga, coordinadora da área de Educación Superior de Afundación, transmitiunos a importancia da educación financeira e os efectos da transformación dixital na sociedade e na xestión das nosas finanzas personais, destacando especialmente a importancia da ciberseguridade.

Debemos estar ben preparados neste mundo tan cambiante!

Imaxe da charla Beatriz López

Inspiradora charla nas Xornadas de Orientación do IES Xoán Montes

Hoxe, 17 de abril, nas Xornadas de Orientación que para 4º de ESO se organizan desde  Orientación no noso centro, puidemos desfrutar dunha charla realmente motivadora.

María Losada Burgo, exalumna do centro, músico que toca o fagot e vive diso en Amsterdam, contounos non so toda a súa experiencia vital senón a forma na que se enfrentou e se enfrenta a todas as decisións. Leccións inspiradoras para un público que escoitou en absoluto silenzo, mostra de que o seu relato e a súa forma de comunicalo nos fascinou. 

Saír da zona de confort, perseguir os soños, buscar o equilibrio entre o traballo e o cuidado a un mesmo, apoiarse nos amigos, innovar... todo isto e moito máis tivo cabida nese tempo, que soubo a pouco, e que nos fixo admirar a súa perseverancia e optimismo.

Agradecemos inmensamente que compartises connosco tanto... es unha gran referente para todos!

Actualización! No arquivo adxunto pode verse un resumo da charla que María tivo a amabilidade de prepararnos,  xa que non puido verse no seu día, e tampouco puido mandárnola como presentación. Grazas de novo!

Charla de María Losada Burgo. Imaxe de Beatriz López

Distribuir contido


by Dr. Radut