PORTANONA, O BLOG DA BIBLIOTECA DO I.E.S. XOÁN MONTES
Animación á lectura
AS ESTANTIGAS, O NOSO BLOG DO CLUB DE LECTURA
Premendo aquí teredes acceso ao noso blog do Club de Lectura As Estantigas.
Lecturas para o verán
A Biblioteca publica o seu boletín número 7, que coincide co final de curso, no que propón lecturas para o verán entre os últimos libros recibidos.
Boletín número 6: Tempo de poesía
Dentro da progración da biblioteca para este segundo trimestre de curso, publicamos o sexto número do noso boletín. Neste número informamos dalgunhas das últimas adquisicións de poesía.
Non está o que buscas no boletín? Non quere dicir que non estea na biblioteca. Visítanos! E se aínda non o atopas, sempre podes propor que se merquen os títulos que botas en falta.
Publicamos o número 5 do boletín
Neste número que precede ás vacacións, a biblioteca recomenda a lectura de cinco libros dos últimos recibidos. Tanto a temática como o xénero dos libros son variados: textos de ficción, de ensaio ou divulgación que abranguen desde o deporte ás lendas do mundo clásico pasando pola química, a creatividade emprendedora ou as matemáticas. Agardamos que disfrutedes da súa lectura.
Número extra do boletín da biblioteca con motivo do Día do libro
Número 3 do boletín de información da biblioteca
Actividade de animación á lectura: Romeo & Juliet
![]() |
O departamento de inglés, en colaboración con Vicens Vives, organiza esta actividade de animación á lectura para o alumnado de 4º de ESO. A actividade centrarase na obra Romeo and Juliet de William Shakespeare. A actividade terá lugar na AULA 20. |
![]() |
Número 2 do boletín da biblioteca
Esta segunda entrega do boletín de información bibliográfica da biblioteca presenta catro libros para lectores que non aman as matemáticas.
A biblioteca publica o nº 1 do seu boletín
Non sabes que ler estas vacacións? Propoñémosche algún destes libros recén chegados á nosa biblioteca. Non tés tempo para ler tanto? Vai resolvendo algún dos enigmas que propoñemos neste número do boletín: