Este curso 2024-2025 chega cargado de novos retos para o IES Xoán Montes!
Iniciamos un ano cargado de experiencias emocionantes cunha mobilidade curta (1 semana) para 12 alumnos/as de 4ºESO ao Liceo di Lugo en Itallia, prevista para finais de outubro.
A selección de participantes será un proceso aberto, obxectivo e público. Será preciso cumprir unha serie de requisitos e utilizarase un baremo para levar a cabo a selección de participantes e reservas.
O prazo para presentar a solicitude está aberto ata o martes 24 de setembro ás 11:59. É preciso entregar na Secretaría do centro: