Publicado no tablón de anuncios do centro a listaxe definitiva de admitidos e excluídos do fondo de libros.
FIN DE CURSO 2021-2022
Fin de curso 4ESO. Marta Coria. CC BY-SA
I Concuro de ideas: HUMANISING OUR SCHOOL
Hoxe entregamos os premios do I Concurso de ideas en inglés "Humanising our school".
O alumnado de 2° ESO realizou un proxecto fin de curso coa mente e o corazón postos en valorar a contorna e mellorala.
Impórtanos o medio ambiente! Estamos orgullosos do noso patrimonio e poñemos o foco no benestar das persoas!
Grazas ao xurado do concurso e ao alumnado que se entregou a traballar en equipo!
I concurso de ideas Humanising our school. Inés Iglesias. CC BY-SA
ENTREGA DE BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS E PERÍODO DE RECLAMACIÓNS
A entrega de boletíns das avaliacións final e extraordinaria farase na aula de grupo por parte dos titores nas seguintes datas e horario:
2º BAC: XOVES, 23 DE XUÑO, ÁS 10:00
1º BAC: LUNS, 27 DE XUÑO, ÁS 9:00
ESO: MARTES, 28 DE XUÑO, ÁS 9:00
(Tamén se entregarán os consellos orientadores nos cursos 2º e 4º)
Para revisar probas e exames póñanse en contacto ou pidan cita co profesor da materia.
PAULA LAMAS, 2º PREMIO NA CATEGORÍA ARTIGOS DE OPINIÓN DE PRENSA-ESCOLA
A alumna Paula Lamas de 1ºBAC do IES Xoán Montes vén de recibir un premio dentro do programa Prensa Escola de La Voz de Galicia levado a cabo neste curso na materia de Economía.
Paula, acompañada pola profesora de Economía Lara Oliveros, recibiu na cidade da Coruña o 2º premio na categoría de opinión, na modalidade xuvenil, cun artigo sobre o consumo excesivo e poñendo a atención na Lei das 3R: Reducir, Reutilizar e Reciclar. Recibiu
Noraboa Paula polo teu artigo, polo 2º premio acadado e, especialmente, por difundir a necesidade de coidar o medio ambiente. Soamente temos un planeta!
![]() |
![]() |
Recollida do premio de Paula Lamas. Fotografía de Lara Oliveros. CC BY-SA
DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO DO FONDO DE LIBROS
Os libros de texto do fondo de libros en préstamo no curso escolar 2021-22 deberán ser devoltos ANTES DO 22 DE XUÑO seguindo o seguinte procedemento:
- Se conservan o documento no que figura a relación de libros entregados en préstamo:
Os propìos alumnos traerán á aula antes da data indicada todos os libros xunto co documento.
- Se non conservan dito documento:
Os pais deberán pedir cita para entregar os libros na oficina do Centro.
MATRÍCULA ABAU CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XULLO
No enlace poden acceder a toda a información para a matrícula na convocatoria extraordinaria da ABAU.
FONDO DE LIBROS 2022-23
Poden consultar no documento toda a información respecto á solicitude de participación no fondo de libros para o vindeiro curso escolar 2022-23.
Explicación en inglés dos graffiti próximos ao instituto. 2ºESO
Ao longo do mes de maio o alumnado de 2ºESO realizou unha actividade na materia de Inglés para mellorar a expresión oral. Despois de debatir na clase sobre as diferenzas entre arte urbana, graffiti e vandalismo, realizaron un traballo de investigación sobre distintos graffiti próximos ao instituto. Aproveitando o bo tempo, por parellas, fixeron unha explicación en inglés ao resto do grupo.
Velaquí un albúm como documento gráfico desta fermosa actividade.
INFORMACIÓN MATRÍCULA ABAU
Neste enlace hai información detallada sobre o proceso de matrícula para a ABAU.
ATENCIÓN: hai un erro na cantidade a ingresar para o pago do título de Bacharelato. O importe é:
NORMAL: 54,OO EUROS
FAMILIA NUMEROSA: 27,03
FAMILIA NUMEROSA CATEGORÍA ESPECIAL: GRATUÍTA
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »