Skip to Content

INFORMACIÓN ABAU

Aqui tedes información sobre a ABAU, tanto de xuño como da convocatoria de xullo

Proceso de admisión alumnado curso 2023/2024

Poden consultar a listaxe definitiva de admitidos e non admitidos  en 1º de bacharelato para o curso 23/24 no taboleiro de anuncios do centro.

Ás peticións para os restantes niveis están todas admitidas.

 

HORARIO CURSO 2023/24

O horario solicitado á Xefatura Territorial dende o curso 2020/21 foi definitivamente aprobado no presente curso escolar, previa solicitude de novo por parte do Consello Escolar, polo que se aplicará por primeira vez no curso 2023/24.

Este horario, que poden consultar no enlace,supón a supresión da tarde do luns.

The true cost. Un proxecto dixital, interdisciplinar, curricular e universal.

Este ano no Proxecto de Formación Permanente de Profesorado (PFPP), o profesorado tivo como reto a "Elaboración de materiais didácticos dixitais, interdisciplinares, curriculares e universais". Aínda que era un obxectivo ambicioso para abordar en 20 horas de formación, conseguimos moitos avances grazas ao traballo en equipo. Ao longo deste último trimestre levaronse a cabo distintas propostas didácticas en 2º, 3º, 4º da ESO e 1ºBAC nas materias de Matemáticas, TIC, Tecnoloxía, Inglés, Filosofía, Proxecto Competencial e Xeografía e Historia. A temática de traballo escollida foi a pegada ecolóxica e o cambio climático.

sVelaquí dúas mostra dalgún deses traballos que realizou o alumnado. Por un lado, unha campaña de concienciación ecolóxica en relación co documental The True Cost elaborado por 3ºESO na materia de inglés. Por outro, un estudo estatístico comparado de pluviosidade entre tres localizacións, realizado polo alumnado de 4º ESO nas materias de matemáticas e TIC. Preme sobre as imaxes para velos.

The true cost

 Captura de pantalla do documental The True Cost

 

estudio matemáticas

Estudio estatístico sobre pluviosidade 4º ESO.

Aquafish do Noroeste. Participación no Congreso Convivio de Xuvenciencia

O alumnado de Anatomía Aplicada de 1º de Bacharelato do IES Xoán Montes, participou no Congreso Convivio de Xuvenciencia co vídeo Aquafish do Noroeste. Con este vídeo sobre a necropsia de robaliza foron premiados con 3 plazas no Campus de Verano de Xuvenciencia. Noraboa polo traballo!

Aquafish do Noroeste. Alumnado de 1º BAC. CC BY-SA-NC

Enredando co galego

O alumnado de 3º de ESO participou na iniciativa "Enredando co galego" promovida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega en colaboración co Concello de Lugo. O pasado venres 19 de maio celebrouse no Auditorio Gustavo Freire o festival para a entrega de premios e agasallos.

Resultaron premiados Juan Aguado Bellón e Lúa Muíño Rega de 3º ESO C; e Iria Alonso Abuín, Hugo Barreiro Vázquez e Nicolás López Lamela de 3º ESO A. Ademais, o alumnado asistente recibiu un agasallo tecnolóxico e sorteáronse entre eles lotes de libros e tamén unha tablet. No acto deron un concerto Fillas de Casandra, actuación moi do gusto da cativada; que desfrutou así dunha xornada moi leda e agradable.

enredando co galego

Enredando co galego. Manuel Veiga. CC BY-SA

Camiño de Santiago dende Lugo

Un aguerrido grupo de estudantes de 2º e 4º ESO, comandado polo incansable profesor de Tecnoloxía Gerardo, completou o Camiño de Santiago o pasado 14 de maio. Tamén participaron Marta Coria, profesora de Xeografía e Historia do centro, e Luis Camilo Fernández director do CPI de Meaño.

Foi todo un reto camiñar os 101 quilómetros que separan Lugo de Santiago polo Camiño Primitivo en dúas xornadas e media. Noraboa polo esforzo!

Velaquí algunhas imaxes da aventura:

camino

Chegada á Praza do Obradoiro

Uso seguro de redes sociais

O pasado 10 de maio o alumnado de 3ºC recibiu, nunha sesión de titoría, información sobre o uso seguro de internet. O obradoiro foi solicitado dentro do programa educativo da Consellería denominado Iniciación segura á pegada dixital e as redes sociais. A sesión impartida por un especialista de Amtega foi moi interactiva e resolveu moitas dúbidas do alumnado.

clase 3ºC

Obradoiro uso seguro redes sociais. Marta Coria. CC BY-SA

Visita ao Museo Provincial de Lugo

O alumnado de 1º BAC de Historia do Mundo Contemporáneo visitou no mes de maio o Museo Provincial de Lugo. 

A sala do tesouro, cos torques e arracadas, foi a que máis lles sorprendeu. Tamén desfrutaron de distintos obxectos decimonónicos realizados en materiais exóticos: abanos, reloxos, útiles de fumar, etc.

Ademais, contemplamos obras de distintos autores destacados como Xulia Mingullón, Castelao, Maruja Mallo, Laxeiro ou Seoane. As esculturas de Francisco Asorey (Ofrenda a San Ramón e San Francisco) tamén chamaron a atención do alumnado.

MPL

Alumnado no Museo Provincial de Lugo. Marta Coria. CC BY-SA

Distribuir contido


by Dr. Radut