Skip to Content

Orientación

Programa YAM (Youth Aware of Mental Health)

O IES Xoán Montes foi seleccionado pola Consellería de Educación e o Servizo Galego de Saúde como centro piloto para participar no programa escolar de saúde mental denominado Youth Aware of Mental Health (YAM). Un grupo de 12 alumnos voluntarios de 3ESO participou o 16 de xuño en dito programa, consistente nunha formación teórica e xogos de roles e debates sobre situacións cotiás que lles poden supor estrés e malestar emocional.

YAM

Material do programa YAM

Obradoiro teatral para promover a cohesión grupal en 3º ESO

Ao longo da 2ª avaliación o alumnado de 3ºESO levou a cabo un programa de obradoiro teatral para promover a cohesión e cooperación grupal dentro de cada grupo. O obradoiro tivo unha duración de 8 sesións de titoría e integrouse dentro do Contrato programa Inclue-T.

Tivemos a fortuna de contar con Maisqueteatro, dito doutro modo, Rocío e Elea que dun xeito esclarecedor, motivador e moi práctico, axudáronnos a afondar nas emocións simples e complexas, na expresión e recoñecemento do corpo e a voz, na resolución de conflitos, na inclusión, entre outros moitos contidos clave para cohesionar un grupo.

O obradoiro foi valorado de xeito moi satisfactorio por todo o alumnado. Para as titoras foi un pracer seguir aprendendo sobre a metodoloxía e dinámicas para seguir traballando estes aspectos na titoría.

Maisqueteatro e Contratos Programa. Marta Coria. CC BY-SA

Distribuir contido


by Dr. Radut