![]() |
Xefa de Departamento: Mª América García Fernández
Profesorado: Marta Coria Blanco Mª América García Fernández Rafael Martínez Vázquez
Programacións 2022 - 2023 (LOMCE) Programacións 2022 - 2023 (LOMLOE) |
![]() |
Xefa de Departamento: Mª América García Fernández
Profesorado: Marta Coria Blanco Mª América García Fernández Rafael Martínez Vázquez
Programacións 2022 - 2023 (LOMCE) Programacións 2022 - 2023 (LOMLOE) |
O alumnado de 2ESO visitou a mostra "Afonso X e Galicia" na capela de Santa María e organizada polo Consello da Cultura Galega.
Na exposición celebrada co gallo do 800 aniversario do nacemento de Afonso X, o alumnado tivo a ocasión de coñecer un pouco máis deste monarca medieval tan vencellado a Galicia. Así, puidemos revisar aspectos da súa biografía, o proxecto político e especialmente do legado cultural grazas á reprodución de distintos escritos, miniaturas e instrumentos da época.
Despois da visita guiada, o alumnado tivo que buscar información nos distintos paneis expositivos.
2ESO na mostra Afonso X e Galicia. Marta Coria. CC BY-SA
O alumnado de 2ESO tivo a oportunidade de facer unha videoconferencia co alumnado da Scuola Media Pellico de Lugo en Emilia Romagna (Italia) co que estamos a participar no proxecto eTwinning Lugo connection, much more than a name. Foi unha actividade moi motivadora para poder coñecer á rapazada italiana, ao tempo que intercambiamos información do patrimonio cultural dos nosos Lugo, o galego e o italiano.
Ademáis da animada conversa, Juan Aguado deleitounos cunha fermosa peza con contrabaixo. ¡Moitas grazas Juan!
Videoconferencia cos Lughesi. Marta Coria. CC BY-SA
O noso centro está a participar neste curso no programa de innovación educativa Plan Proxecta+, na modalidade “Patrimonio cultural a través da plataforma eTwinning”, que promove a Consellería de Educación. O noso socio europeo é a Scuola Media Pellico di Voltana en Lugo (Emilia Romagna, Italia), de aí que o proxecto se chame "Lugo connection, much more than a name".
Este proxecto ten como obxectivo potenciar o coñecemento e valoración do patrimonio cultural europeo material e inmaterial, propiciando o diálogo intercultural e a cohesión social. Dun xeito máis concreto, pretendemos, partindo do coñecemento e posta en valor do patrimonio cultural local, achegar ao noso alumnado a outras realidades europeas próximas ao tempo que contribuímos ao desenvolvemento das súas competencias.
No presente curso participará no proxecto o alumnado e as materias de: 2º ESO: Inglés, Galego, Xeografía e Historia 4º ESO: Inglés, Matemáticas 1º BAC: Inglés, Historia do Mundo Contemporáneo |
![]() |
O alumnado de Historia do Mundo Contemporáneo (1º BAC) realizou os seguintes carteis co motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, desexando que no futuro non haxa que conmemorar este día.
Despois de aprender termos que resultaban algo confusos como feminismo, sororidade ou violencia vicaria, reflexionamos sobre esta lacra que afecta á nosa sociedade.
O alumnado escolleu motivos, referencias ou citas históricas para realizar os carteis coa ferramenta Canva para dar visibilidade e denunciar os distintos tipos de violencia que sofren as mulleres.
O alumnado de 1º BAC tivo a oportunidade de facer unha visita virtual á exposición As miradas de Isaac na Cidade da Cultura en Santiago.
A exposición inaugurada co gallo do centenario de Isaac Díaz Pardo fai unha restrospectiva da súa vida e obra. Dende a biblioteca do noso centro conectamos en directo coa exposición.
O guía explicounos con detalle as distintas etapas da vida do intelectual e humanista galego a partir da exposición e resolveu todas as consultas que realizou o alumnado.
Os pequenos fragmentos audiovisuais das últimas entrevistas do propio Isaac Díaz Pardo foron nos axudaron a comprender a súa mirada ante o mundo que nos tocou vivir: "vivimos na sociedade da rede, rede na que estamos cazados sen poder saír".
Podes ver máis abaixo fotografías e información da exposición. Notas da visita virtual.
Dende finais de xaneiro o IES Xoán Montes iniciou un bonito proxecto coa Scuola Secondaria Pellico di Voltana situada na cidade homónima á nosa situada na rexión italiana de Emilia Romaña. No abeiro do programa e-Twinning, estableceuse o contacto entre o profesorado e alumnado dos dous centros e deseñáronse distintas propostas didácticas multidisciplinares.
Na prensa local de Ravenna fixéronse eco desta actividade, preme aquí para ler a noticia. (A noticia está en italiano, pódese ler aquí a tradución a galego).
![]() |
![]() |
![]() |
O día 27 de febreiro o alumnado de 1º e 2º BAC tivo a oportunidade de coñecer de primeira man os traballos de rehabilitación e restauración levados a cabo no cubo VII da muralla, sito no patio do noso instituto.
![]() |
![]() |
O alumnado de Historia da Arte e de Grego de 1º e 2º de BAC do IES Xoán Montes, acompañados polas profesoras das respectivas materias, acaba de regresar da súa viaxe cultural a Roma. Durante cinco días tiveron a oportunidade de visitar algúns lugares emblemáticos da città eterna como podemos ver nas imaxes. Co obxectivo de que coñecesen as obras de arte no seu contexto, na cidade do Tíber visitaron, entre outros lugares, o Coliseo, o Panteón, o Vaticano, e as Galerías Doria Pamphili e Borghese.
![]() |
![]() |
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |