Exposicións, conmemoracións e concursos
PREMIOS ESPIRAL EDUBLOGS 2013
PARABÉNS a DONA MARÍA DE LA LUZ PARAMIO,profesora de Lingua Castelá e Literatura e aos alumnos colaboradores no BLOG TICNADOS,gañador dos premios EDUBLOG 2013.
HOMENAXE AO LIBRO
CONCURSO CONVOCADO POLA BIBLIOTECA CO GALLO DO DÍA DO LIBRO.TODA A INFORMACIÓN
Cómics para ver e ler
Gañadores da 2ª edición de "Matemáticas na música"
Aquí temos aos gañadores deste ano. Os premios foron entregados o pasado 9 de febreiro. O xurado felicita a todos os participantes polo seu esforzo na pescuda das cancións, cada vez máis inxeniosas e divertidas sen perder por eso o seu contido matemático Un ano máis o gañador resultou ser Christian Toimil de 1º de BAC que presentou a canción "La cumbia matemática" interpretada por Sin Codificar-Los Wikipedia. Quedaron finalistas Silvia Blanco de 2º de E.S.O., Marta Salgado de 1º de BAC e Sara Veiga de 2º de E.S.O. Parabéns para todos.
Exposición sobre a historia do libro
![]() |
Acabamos de inaugurar a exposición sobre a Historia do Libro. Estades todos invitados a visitala do 23 de abril ao 7 de maio. Nela presentamos unha breve historia do libro e da escritura de forma cronolóxica. |
Tamén podedes ver algúns exemplares de libros antigos, contos infantís, libros curiosos así como materiais para a impresión. Esperamos que sexa do voso agrado. |
Parabéns aos premiados no concurso de citas
![]() |
Xa sabemos os premiados no concurso de citas persoais orixinais e o sorteo de citas favoritas.
Desde o equipo da biblioteca queremos agradecer a colaboración do profesorado e de todo o persoal do centro na súa difusión, e a súa axuda na posta en marcha desta actividade. Por suposto, tamén queremos agradecer a todo o alumnado a súa participación. No sorteo de citas favoritas, o elexido pola sorte foi Manuel Sánchez Arroyo, de 1º da ESO. Por outra parte, no concurso de frases orixinais, debemos dicir que foi difícil escoller a cita persoal porque moitos puxéronlle moita ilusión e bonitas palabras, pero como so podía gañar un damos os parabéns a ...tachán... Cristóbal Pérez del Blanco, alumno de 3º da ESO, coa frase: "Un libro unha esperanza, un libro unha ilusión. Un libro descuberto é un libro aberto, pero un libro pechado é un mundo por descubrir cheo de ilusión" Oxalá todos e todas sigamos descubrindo mundos cheos de ilusión.
Día de Europa
O 9 de maio celebramos o Día de Europa para conmemorar o día no que Robert Schuman presentou, hai 59 anos, a súa proposta para a creación dunha Europa organizada e pacificada.