Skip to Content

Actividades

Actividade organizada pola ANPA: PASEO GUIADO POLO LUGO DESCOÑECIDO

O sábado pasado, coincidindo coa chegada do Maio, tivemos a ocasión de desfrutar dunha formidable xornada de convivencia entre familias, profesorado e alumnado organizada pola ANPA do IES Xoán Montes. Desfrutamos dun paseo polo "Lugo descoñecido" acompañados pola moi grata compañía do guía oficial de turismo Guido Álvarez Parga.

Tras comezar a visita no Parque de Rosalía de Castro, adentrámonos no fermosísimo Barrio do Carme. Alí coñecimos a importancia que ten este barrio para a nosa cidade dende o punto de vista natural, etnográfico, histórico...

Sen dúbida foi unha boísima oportunidade para coñecer e querer máis a nosa cidade, así como de coñecernos máis e fortalecer a comunidade educativa do IES Xoán Montes.

foto de grupo

Foto de grupo "O Lugo máis descoñecido". ANPA IES Xoán Montes. CC BY-SA

Ciclo de cine en inglés

Cinema SeasonO Departamento de Inglés e a Biblioteca do IES Xoán Montes organizan un ciclo de cine en inglés que comezará o próximo martes 9 de decembro ás catro e media da tarde. O ciclo consta de seis filmes de temática diversa orixinalmente gravados en inglés.

Os obxectivos principais da actividade son

  • recoñecer e apreciar a linguaxe cinematográfica
  • fomentar o gusto polo cine
  • mellorar a comprensión oral

Aínda que o destinatario principal da actividade é o alumnado do centro, toda a comunidade educativa está convidada a este ciclo. No cartaz anunciador, ao que se accede premendo na imaxe, especifícase a clasificación por idade recomendada para cada un dos filmes.

Distribuir contido


by Dr. Radut