Skip to Content

Charla USC A ponte: Emerxencia climática

O profesor Germán Vargas da USC impartiu unha interesante charla sobre Emergencia climática. Reflexionamos sobre a situación actual e achegámonos a propostas concretas que podemos levar a cabo dun xeito sinxelo para mitigar o efecto do cambio climático no planeta.

"O desafío radica en atopar o noso lugar neste mundo e ubicarnos, de forma armoniosa, xunto a outras vidas".

charla USC

Charla "Emerxencia climática". Foto de Marta Coria

Dinamización da exposición "Enredadas no cambio"

O venres 12 de abril unha monitora da ONG Taller de Solidaridade achegou a parte do alumnado a exposición de Enredadas no cambio que temos temporalmente no centro.

Reflexionaron sobre o emprendemento e a súa relación co concepto de éxito empresarial, e trataron a importancia do empoderamento feminino e de ter referentes deste xénero. 

Dinamización Enredadas no cambio Imaxes Beatriz López

Honrosa participación nas Olimpíadas Galegas de Economía

Hoxe 12 de abril, foron as Olimpíadas de Economía na Facultade de ADE de Lugo,

Do noso instituto participaron dous alumnos, en realidade dous valentes, porque con toda a presión que supón o curso de 2º de bacharelato, e tendo en conta que entraba tamén temario de 1º de bacharelato, decidiron preparar e presentarse ao exame ás 16:15 da tarde. Xa so por todo iso merecen a nosa admiración. E ademais, no exame caeron preguntas que non aparecían no temario que figuraba nas bases.

Aínda así trataron de facer un bo traballo e o fixeron. Noraboa a José Leal Corral e a Martín Rico Álvarez, quen ademáis quedou como finalista no sexto posto! polo que recibíu diploma. 

 Olimpíadas de Economía José Leal e Martín Rico Imaxe de Beatriz López

CONCURSO DE RECICLAXE

Ao longo do mes de abril e a primeira quincena de maio levarase a cabo no centro un concurso de reciclaxe co obxectivo de concienciar á comunidade educativa da necesidade e posibilidade dunha escola máis limpa e ecolóxica. 

Os cursos participantes da ESO terán que ir superando retos semanais para acadar puntos. A clase que cumpra o desafío con maior implicación recibirá un premio polo esforzo. Aínda que sen dúbida o premio é colectivo por camiñar cara a hábitos máis coidadosos co noso planeta.

cartel ECO

Viaxe fin de etapa a Lisboa 4º ESO

No seguinte documento atópase a información da viaxe a Lisboa para o alumnado de 4º ESO que terá lugar entre os días 12 e 17 de maio.

Viaxe Lisboa

Acreditación competencia dixital 2º BAC

Lembrade que o vindeiro luns día 15, ás 9:40 terá lugar a proba para a Acreditación Dixital do alumnado 2º BAC.

O alumnado deberá traer o seu DNI. O alumnado de 2º BAC A irá a aula Informática 1 e o alumnado de 2º BAC B/C a aula Informática 2.

Instrucións para o alumnado.

A pegada dixital. Charla de AMTEGA e a USC

O pasado luns, 8/04/24, o alumnado de 3º ESO do noso centro desfrutou dunha charla temática sobre “a pegada dixital” impartida polo abogado de AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) D. Manuel Rivas no salón de actos da Delegación territorial da Xunta en Lugo.

Esta charla está enmarcada dentro do Programa A Ponte da USC.

pegada

Charla "A pegada dixital". Fotografía de Julián Rodríguez

 

Visita ao MUNCYT e Cerámicas O Castro-Sargadelos

O alumnado de 1º BAC desfrutou participou nunha saída extraescolar organizada polos Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Xeografía e Historia.

Primeiramente vistaron o MUNCYT onde coñeceron a exposición permanente do museo e realizaron un obradoiro sobre cine. A continuación, desprazáronse ata o concello de Sada onde coñeceron como se leva a cabo o proceso de produción da cerámica de Sargadelos. 

 

sargadelos

Imaxe da fábrica Cerámica O Castro-Sargadelos. Imaxe de María Rancaño

 

 muncyt

Visita ao Muncyt. Foto de Amparo Veiga.

Xornada de orientación para o alumnado de 4º da ESO

Hoxe 3 de abril o alumnado de 4º da ESO, xunto coas titoras e a orientadora do centro, fomos ao salón de actos do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, á primeira das xornadas de orientación que terán lugar este curso os mércores na hora de titoría.

Natalia e Noemí, exalumnas do noso centro, explicáronnos todo o proceso que seguiron na elección do ciclo actual que cursan, o Ciclo Medio de Atención ás persoas en situación de dependencia.

O seu obxectivo é estudar o grado de maestra, para iso, en vez de acceder desde o bacharelato optaron por facer un ciclo medio, despois terán que facer un ciclo superior, neste caso o de Educación infantil e por último o grado. Parece que colleron un treito máis longo, pero tendo claro os seus obxectivos están satisfeitas pois gústalles o ensino práctico que reciben e que lles dará un título de técnico en atención a persoas en situación de dependencia, permítelles facer prácticas no segundo curso e incluso ir a estudar 3 meses a Malta. 

As dificultades técnicas impediron que puidesemos visionar a presentación tan traballada que prepararon, pero iso non desmereceu a súa esmerada e completa explicación.

Moitas grazas por achegarnos a vosa experiencia!

Fotografías de Beatriz López CC BY-SA

Exposición Enredadas no Cambio da ONG Taller de Solidariedade

Contamos coa oportunidade de desfrutar ata o día 23 de abril da exposición Enredadas no Cambio da ONG Taller de Solidariedade.

Trátase dunha exposición fotográfica en torno á figura de 7 mulleres emprendedoras dos distintos lugares do mundo. Por tanto, o obxectivo da exposición é ofrecer referentes femininos que axuden a transformar o concepto de éxito empresarial e que contribúan á promoción da igualdade de xénero e ao empoderamento feminino.

Agardamos que toda a comunidade educativa desfrute dnun xeito coidadoso da mostra que temos ao noso cargo durante estes días.

Pódese consultar máis información sobre a mesma no seguinte enlace

mostraMostra Enredadas no Cambio. Imaxe de Marta Coria

 

Distribuir contido


by Dr. Radut