Como vén sendo tradicional, o alumnado de 2º de bacharelato da materia Economía da Empresa e, este ano, parte do de Tecnoloxía Industrial II, visitou a sede de Inditex en Arteixo.
Percorremos as instalacións durante dúas horas, mentres unha das responsables do departamento de Comunicación e Relacións Institucionais nos explicaba todas as fases do proceso que alí se desenvolve, e amablemente resolvía as dúbidas.
Aquí temos aos únicos da provincia de Lugo que se atreveron a participar o mércores 18 de xuño nas V Olimpíadas de Economía de Galicia. De esquerda a dereita: Noelia Meilán Velón, Jaime Domínguez Martínez e José Antonio Vila Moreira, alumn@s de 2º de bacharelato do curso que termina.
Despois de estudar duramente todo o curso e presentarse a selectividade tiñan corda para rato e animáronse a presentarse a outros exames...
Merecen os nosos parabéns polo seu traballo. Recibiron un diploma que acredita que son alumn@s de élite, esperamos que teñan moita sorte nos novos estudos que comezarán proximamente.
E por fin o recoñecemento á ilusión coa que o alumnado de 3º da ESO de PDC e 3º ESO A da materia Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras participou na actividade do pasaporte solidario.
Temos que agradecer ao voluntario Cristóbal Ramírez que asistise ao noso centro para aclararnos todas as dúbidas e amosarnos todo o proceso dun proxecto tan ilusionante.
Parabéns a todos e a todas por ter sensibilidade e ser solidarios, cualidades que vos fan medrar como persoas.
Tras quedar entre os 16 mellores equipos da comunidade galega e por tanto clasificarse para a final, o sábado 5 de abril en Madrid, o equipo JIMMYTHEBODYMILKER logrou quedar entre os 20 mellores equipos (dos 100 da final) e non so iso se non que se impuxeron como os quintos finalistas por beneficio acumulado no concurso-simulador Young Business Talents.
A experiencia foi enriquecedora, non so na final se non desde novembro que empezou o concurso. Puxeron en práctica os conceptos das clases de economía e aprenderon a tomar en equipo decisións e a establecer estratexias segundo os cambios no mercado. Ademais de conseguir dous premios e un diploma.
O equipo JIMMYTHEBODYMILKER, de 2º de bacharelato B e composto por Laura Castro Maira, Jaime Domínguez Martínez, Sara Lópes Temes e Manuel Sánchez Arroyo, foi un dos 16 que se clasificaron en Galicia (e un dos 100 mellores de España) no concurso YOUNG BUSINESS TALENTS, e chegan á final. Esta celebrarase o 5 de abril en Madrid.
Hoxe xoves fomos facer a visita a Inditex que tiñamos programada, á súa sede en Arteixo, a pesar do vento chegamos sans e salvos e resultou coma sempre unha experiencia moi enriquecedora. Trouxemos unha foto de recordo.
Se premedes na imaxe, poderedes ver unha presentación que resume o traballo das alumnas e alumnos do Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras de 3º de ESO que foi seleccionado para a final do Programa Valores de Futuro, a celebrar en Madrid os días 30 e 31 de maio. Parabéns, emprendedores!