Skip to Content

Economía

Charla "Preparados para dar o salto·

Hoxe 9 de marzo de 2022, na materia de Economía dos cursos:

Xornada sobre "A tarifa eléctrica"

Hoxe 20 de decembro, o alumnado de 4º da ESO B puido desfrutar, na clase de economía, dunha xornada moi interesante sobre a factura eléctrica. Tres técnicas do Instituto Galego de Consumo desprazáronse a Lugo, explicaron con todo detalle a gran cantidade de información que aparece na factura así como os consellos máis importantes para o aforro eléctrico. 

Hai convocado un concurso para aplicar todos os conceptos relativos á factura eléctrica. A ver se poden conseguir algún dos seus premios.

Aquí tedes unhas imaxes da xornada.

Conmemoración do 20 de novembro, Día Universal do neno

O grupo de valores éticos de 1º de ESO B foi o primeiro que celebrou esta data coa colaboración de La Voz de Galicia, que posto que o departamento de Economía participa no programa Prensa en la escuela, mandounos unhas preciosas camisetas con deseño de Sargadelos e o lema Meigas fóra!. O detalle encantoulles a este grupo de alumnas involucradas e animosas, que posan orgullosas mostrándonos o agasallo. Co resto de alumnos iremos conmemorando este día ao longo da semana.

31 de outubro Feliz día do aforro!

4 de outubro Día da Educación financeira do 2021

Hoxe conmemórase o día da Educación financeira co lema As túas finanzas tamén sostibles. Celébrase desde o ano 2015, e no departamento de Economía desenvolvemos, nas distintas materias que se imparten, un obradoiro de educación financeira para concienciar da importancia de ter uns coñecementos básicos que poidan protexernos mellor ante o complexo contorno.

 

 Podes consultar como está a túa saúde financeira aquí

E podes mirar recursos moi interesantes nestas páxinas e enlaces:

https://www.finanzasparatodos.es/diadelaeducacionfinanciera

Noraboa aos finalistas e semifinalistas de Young Business Talents 2021

Este curso, tan atípico en xeral, deparou nembargantes moitas satisfaccións. Un equipo formado por 3 alumnas de 2º de bacharelato acadou chegar á final do concurso simulador de YBT deste ano, sendo un dos 125 que o conseguiron de entre máis de 3.000 equipos participantes. Celebrada telemáticamente, supuxo unha moi enriquecedora experiencia, así como tamén a participación no concurso para todos os que se esforzaron e traballaron, e recibiron o seu diploma de semifinalistas. 

Posan sorrintes e orgullosos pois non é para menos... Noraboa xoves talentos!

 

O equipo finalista formado por Laura Bello Rodríguez, María Lebón Real e Susana Ramos Varela, de 2º de bacharelato e da materia Economía da empresa participando na final, o 7 de maio:

  

Noraboa ao equipo WARRENB, finalista no concurso Young Business Talents

 

O equipo formado por Laura Angely Bello Rodríguez, María Siyu Lebón Real e Susana Ramos Varela, da materia de Economía da empresa, de 2º de bacharelato B, acadou clasificarse entre os 125 equipos finalistas de Young Business Talents a nivel nacional. Conseguiron destacar entre os mellores equipos da provincia de Lugo traballando con gran entusiasmo e sendo perseverantes.

Felicidades equipo! e moita sorte na final!

 

 

Día da Educación financeira 5 de outubro de 2020

 

 

Pulsa nas imaxes de abaixo para poder escoller algún xogo e para ver recursos e educarte financeiramente!

Escribe na libreta para comentar en clase cales che pareceron máis interesantes.

                                            

Charla sobre os impostos

Hoxe 14 de febreiro, desfrutamos dunha interesante charla que nos impartiron dúas funcionarias da aeat (axencia española da administración tributaria), Mercedes Burgo e María José González, quen de forma moi amena faláronnos da importancia dos impostos, dos seus tipos, da súa historia... tamén da función da aeat e do concurso que organiza sobre os impostos. Tanto o alumnado de Economía de 1º de bacharelato como do de 4º da ESO puido aprender e eflexionar sobre aspectos que a todos nos infúen e nos afectan.

 No grupo de 1º de bacharelato B:

 

 

Visita didáctica a Inditex

Hoxe 13 de febreiro, o alumnado de Economía de 1º de bacharelato, e de Economía da Empresa de 2º de bacharelato, realizou a visita programada ás instalacións de Inditex en Arteixo. Explicáronnos detalladamente todo o proceso de deseño, fabricación, distribución e comercialización das prendas e complementos, superando amplamente as expectativas e supoñendo unha experiencia moi enriquecedora. Agradecemos a boa disposición de María Rancaño en acompañarnos.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut