Skip to Content

Xornada sobre "A tarifa eléctrica"

Hoxe 20 de decembro, o alumnado de 4º da ESO B puido desfrutar, na clase de economía, dunha xornada moi interesante sobre a factura eléctrica. Tres técnicas do Instituto Galego de Consumo desprazáronse a Lugo, explicaron con todo detalle a gran cantidade de información que aparece na factura así como os consellos máis importantes para o aforro eléctrico. 

Hai convocado un concurso para aplicar todos os conceptos relativos á factura eléctrica. A ver se poden conseguir algún dos seus premios.

Aquí tedes unhas imaxes da xornada.

Un momento da charla en 4º B

Licenza Creative Commons Esta obra de María Beatriz López Soto ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.

Outro momento da charla en 4º B

Licenza Creative CommonsEsta obra de María Beatriz López Soto ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.



story | by Dr. Radut