Skip to Content

Excelentes resultados e 3º premio nas X Olimpíadas galegas de Economía. Noraboa aos nosos participantes!

Ás Olimpíadas de Economía deste ano, que se realizaron o 12 de abril en Lugo, presentáronse 7 alumnos de Economía da empresa de 2ª de bacharelato. Representaron ao centro con moitas ganas, e non podo estar máis orgullosa como profesora deles do gran traballo que fixeron, e polo que foron felicitados reiteradamente pola decana da facultade de ADE de Lugo, noraboa a todos! Ademais conseguíu un deles, David Fernández Rodríguez, o 3º posto, dobre noraboa!

Enlaces ao artigo no Progreso e ao do xornal da Universidade 

Aquí os tedes antes do exame e despois do mesmo cos seus diplomas.

De esquerda a dereita: Ángel Pardo González, David Río Cazón, Sara Sanmartín Vázquez, Ángela Suárez Paz, Pablo Herrero Álvarez, David Fernández Rodríguez e Pablo Vilar Moral.

 

Licenza Creative Commons

Esta obra de Mª Beatriz López Soto ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.

Licenza Creative Commons

Esta obra de Mª Beatriz López Soto ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.



story | by Dr. Radut