Séguenos nas redes sociais: Facebook Teis

IES de Teis na Prensa

Educación ambiental en Teis na prensa

Medio ambiente IES de Teis

A exposición "Educación ambiental en Teis" tivo grande repercusión na nosa comunidade.

A prensa fixo varias reseñas. O Faro de Vigo publicou un artigo na sección escolar "Faro da escola". A Voz de Galicia publicou o seguinte artigo: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2017/01/26/ceip-san-salvador-teis-muestra-proyectos/0003_201701V26C10995.htm

Próximamente poremos as fotos da inauguración.

A participación en "Clases sen fume" no Faro de Vigo

O noso centro sae citado no Faro de Vigo na nova titulada "Medio año alejados del tabaco".

 

Na nova se fan eco do lema que seguiron varios centros participantes no concurso.

Lembrade que o IES de Teis gañou varios premios otorgados pola cosellería.

Aquí tedes o texto da noticia: http://www.farodevigo.es/galicia/2016/06/17/medio-ano-alejados-tabaco/1481717.html

A ampliación do noso instituto volve á prensa local

Imaxe do IES

A prensa local volve a escribir sobre a ampliación das instalacións do IES de Teis. Neste caso foi debido a unhas declaracións feitas polo conselleiro Román Rodríguez na visita que realizou ao CEIP Rodríguez Castelao.

Nos seguintes enlaces tedes os textos das noticias:

O Atlántico, Faro de Vigo e La Voz Galicia fanse eco do compromiso da Consellería co IES de Teis

Imaxe da pasarela

Os días 4 e 5 de septembro a prensa fíxose echo dos compromisos adquiridos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A consellería comprometeuse a mellorar a calidade da conexión de Internet do centro antes de final de ano de 2015 e a ampliar as instalacións do centro para dar cabida ás novas necesidades de espazo que xurdiron por mor da implantación dos ciclos formativos LOE.

O Faro de Vigo informa do desfile de moda no que participou o IES de Teis

Imaxe da pasarela

O pasado 16 de maio de 2015 o periódico Faro de Vigo publicou unha nova que fai referencia directa ao noso centro.

Nesta nova, a xornalista Ágatha de Santos fai un resumo de como foi o desfile "Escaparates 2015" no que participaron os alumnos e alumnas da familia de Imaxe Persoal.

Animámosvos a que leades a nova na web do Faro de Vigo

 
Distribuir contido