Skip to main content

Ciclo Formativo Superior de Estética Integral e Benestar

Título que se obtén

Técnico Superior en Estética Integral e Benestar

Réximes nos que se imparte

  • Ordinario:
    • Luns: 08:10 - 15:20; Martes a Venres: 08:10 - 14:30.
  • Persoas adultas: Neste réxime a matrícula é modular (por materias). A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida. O horario xeral é:
    • Luns, Martes, Mércores e Venres: 16:00 - 22:55; Xoves: 17:40 - 22:55

Saídas profesionais

Este profesional exerce a súa actividade no sector de coidados da imaxe persoal, no subsector de coidados estéticos, en pequenas e medianas empresas, maioritariamente privadas, nas áreas de tratamentos estéticos integrais, estética hidrotermal, microimplantación de pigmentos, depilación avanzada, masaxe estética e drenaxe, e asesoramento en tratamentos e produtos cosméticos.

Trátase de profesionais por conta propia que traballan xestionando a súa propia empresa ou de profesionais por conta allea, que exercen a súa actividade profesional como persoal empregado, ou na xefatura de área ou departamento.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Esteticista.
  • Director/ora técnico/a en empresas estéticas e áreas de imaxe persoal, de spa e balnearios.
  • Técnico/a en tratamentos estéticos integrais.
  • Técnico/a en micropigmentación.
  • Técnico/a en depilación mecánica e avanzada.
  • Técnico/a en aparellos de estética.
  • Especialista en bronceamento mediante radiación ultravioleta.
  • Técnico/a en masaxes estéticas.
  • Técnico/a en drenaxe linfática estética.
  • Traballador/ora cualificado/a en centros de medicina e cirurxía estética.
  • Técnico/a comercial.
  • Asesor/ora estético/a e cosmético/a.
  • Formador/ora técnico/a en estética.

Duración

Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.

Idiomas

En que réxime queres facer este ciclo?

Ordinaria

Estes estudios teñen unha duración de 2 anos académicos, realizando no último trimestre do 2º ano prácticas en empresas por un total de 384 horas. Ademais neste trimestre tamén se cursa o módulo de Proxecto (26 horas)

A lista de módulos (materias) é a seguinte:

Módulos do primeiro ano Horas
Aparellos de estética 133
Masaxe estética 240
Procesos fisiolóxicos e de hixiene en imaxe persoal 133
Dermoestética 160
Cosmética aplicada a estética e benestar 187
Formación e orientación laboral 107
Módulos do segundo ano Horas
Estética hidrotermal 123
Depilación avanzada 123
Drenaxe estética e técnicas por presión 87
Micropigmentación 105
Tratamentos estéticos integrais 139
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Proxecto de estética integral e benestar 26
Formación en centros de traballo 384

 

Persoas adultas

Estes estudios son modulares, polo que alumno se matriculará dos módulos (materias) que considere. Matriculándote do máximo de módulos posible cada ano, a duración para acabar estes estudios é de dous cursos académicos completos e dun trimestre máis para a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo e do módulo de Proxecto.

Como o alumnado pode matricularse de calquera módulos en calquera orde, o Departamento de Imaxe Persoal recomenda o seguinte itinerario:

Módulos do primeiro ano Horas
Aparellos de estética 133
Masaxe estética 240
Procesos fisiolóxicos e de hixiene en imaxe persoal 133
Dermoestética 160
Cosmética aplicada a estética e benestar 187

 

Módulos do segundo ano Horas
Estética hidrotermal 123
Depilación avanzada 123
Drenaxe estética e técnicas por presión 87
Micropigmentación 105
Tratamentos estéticos integrais 139
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación e orientación laboral 107
Formación en centros de traballo 384

 

Módulos do terceiro ano Horas
Formación en centros de traballo 384
Proxecto de estética integral e benestar 26

O departamento de Imaxe Persoal recomenda:

  • Para cursar Drenaxe estética e técnicas por presión convén ter cursado:
    • Procesos fisiolóxicos e de hixiene en imaxe persoal
  • Para cursar Tratamentos estéticos integrais convén ter cursado:
    • Aparellos de estética

Se un alumno/a se matricula de módulos de primeiro e de segundo o mesmo ano (tendo en conta o itinerario proposto), é moi posible que se solapen en horario.

Máis información