Skip to main content

Seccións Bilingües

Definición

Unha sección bilingüe é a organización do ensino dunha área ou materia non lingüística da educación primaria, da educación secundaria obrigatoria ou bacharelato, ou dun módulo de formación profesional específica, que se cursa nun nivel por un grupo de alumnos ou alumnas dun xeito bilingüe, dentro do enfoque AICLE/CLIL (aprendizaxe integrada de contidos e linguas): na lingua cooficial que corresponda, segundo a normativa vixente, e nunha lingua estranxeira falada na Unión Europea, que é impartida como área ou materia ao devandito grupo de alumnos e alumnas.

A incorporación da lingua estranxeira na sección bilingüe acadará un mínimo dun 50 por cento.

Seccións bilingües no IES Teis

Curso Materia ou módulo Idioma
ESO 2º Matemáticas Francés
ESO 3º Matemáticas Francés
ESO 4º Matemáticas Francés
Ciclo Formativo Superior de Estética Integral e Benestar (Réxime Ordinario) Estética hidrotermal Inglés

No IES Teis temos Auxiliares de Conversa

Que significa: É un programa complementario de apoio e colaboración de profesorado nativo prioritariamente nos Centros Plurilingües, Seccións Bilingües e Escolas Oficiais de Idiomas para posibilitar a práctica da conversa oral, proporcionar un modelo de corrección lingüística e achegar o alumnado e profesorado á cultura do seu país.

No IES Teis temos dous auxiliares de conversa. Un para Francés e outro para Inglés.

As funcións do auxiliar de conversa son:

  • Axudar na planificación das clases e colaborar na aula como apoio lingüístico.
  • Seguir as indicacións da persoa coordinadora e colaborar con el/ela no que se lle solicite.
  • Reforzar fundamentalmente as destrezas orais do alumnado na lingua estranxeira, como falante nativo/a da mesma, e promover a difusión cultural. Para iso tentarase que a súa relación co alumnado sexa constante.
  • Fomentar a motivación e o interese do alumnado pola lingua e a cultura do seu país de orixe e do conxunto de países de fala inglesa, francesa, alemá, chinesa ou portuguesa.
  • Promover iniciativas de formación e/ou apoio ao ensino e aprendizaxe das linguas. A súa presenza na aula (e no centro) debe ser unha fonte de ideas, de creatividade e de novos recursos.
  • Desempeñar as funcións que o profesorado co que colabore consideren oportunas e que estean vinculadas ao Programa Plurilingüe.
  • Realizar prácticas específicas de conversa.
  • Promover o ensino da cultura e civilización do seu país de orixe.
  • Achegar recursos didácticos, especialmente material auténtico dos seus países de orixe.
  • Participar en actividades de distinta índole: a persoa coordinadora, de acordo co equipo directivo, decidirá en que actividades participará o/a auxiliar: asistencia a reunións de profesorado, charlas, presentacións na clase ou elaboración de materiais didácticos.
  • Participar en reunións de coordinación co resto do equipo plurilingüe co fin de poder preparar correctamente as actividades que se realicen en clase con suficiente antelación.

Máis información