Título que se obtén
Técnico Superior en Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa
Réximes nos que se imparte
- Persoas adultas: Neste réxime a matrícula é modular (por materias). A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida. O horario xeral é:
-
- Luns, Martes, Mércores e Venres: 16:00 - 22:05; Xoves: 17:40 - 22:05
Saídas profesionais
A título de exemplo e con fins de orientación profesional enuméranse as ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñadas por este profesional:
- Director/ora técnico/a e artístico/a en producións audiovisuais, escénicas e de moda.
- Técnico/a de protocolo e cerimonial en institucións públicas e privadas.
- Experto/a en etiqueta e usos sociais.
- Asesor/ora consultor/ora de estilismo no vestir.
- Asesor/ora de estilos e tendencias.
- Asistente técnico/a de imaxe política, cultural e artística.
- Asesor/ora en comercios de vestiario e complementos.
- Asesor/ora de imaxe en medios audiovisuais e de moda.
- Técnico/a comercial.
- Asesor/ora consultor/ora de imaxe corporativa.
- Experto/a en habilidades comunicativas.
- Técnico/a especialista en gabinetes de relacións públicas.
- Técnico/a especialista en imaxe en departamento de márketing.
- Director/ora de gabinete de asesoría de imaxe.
- Consultor/ora asesor/ora de protocolo e organización de actos e eventos.
- Asesor/ora na compra de vestiario, complementos, regalos e cosméticos.
- Asistente persoal no coidado da imaxe.
- Organizador/ora de vodas.
- Asesor/ora de prensa especializada en imaxe persoal.
Duración
Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.
Idiomas
- O alumnado pode participar no Programa CUALE.
- O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass
Consellos para facer este ciclo
Persoas adultas
Estes estudios son modulares, polo que alumno se matriculará dos módulos (materias) que considere. Matriculándote do máximo de módulos posible cada ano, a duración para acabar estes estudios é de dous curso académicos completos e dun trimestre máis para a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo.
Módulos do primeiro ano | Horas |
Asesoría cosmética. | 133 |
Estilismo en vestiario e complementos. | 213 |
Asesoría de peiteado. | 187 |
Asesoría estética. | 187 |
Habilidades comunicativas. | 133 |
Módulos do segundo ano | Horas |
Protocolo e organización de eventos. | 140 |
Usos sociais. | 87 |
Deseño de imaxe integral. | 158 |
Imaxe corporativa. | 105 |
Dirección e comercialización. | 87 |
Empresa e iniciativa emprendedora. | 53 |
Formación e orientación laboral. | 107 |
Módulos do terceiro ano | Horas |
Formación en centros de traballo. | 384 |
Proxecto de Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa. | 26 |