Título que se obtén
Técnico Medio en Peiteado e Cosmética Capilar
Réximes nos que se imparte
- Ordinario:
-
- Luns: 08:10 - 15:20; Martes a Venres: 08:10 - 14:30.
- Persoas adultas: Neste réxime a matrícula é modular (por materias). A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida. O horario xeral é:
-
- Luns, Martes, Mércores e Venres: 16:00 - 22:05; Xoves: 17:40 - 22:05
Saídas profesionais
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas de imaxe persoal dedicadas aos procesos de peiteado de uso social, onde desenvolverán tarefas de prestación de servizos, comercialización, aprovisionamento, calidade, protección fronte a riscos e control de efluentes e residuos. Adoitan actuar por conta allea, integrándose en equipos de traballo con persoas cun nivel de cualificación igual, inferior ou superior.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Peiteador/ora.
- Barbeiro/a.
- Técnico/a en coloracións capilares.
- Técnico/a en cambios de forma do cabelo.
- Técnico/a en corte de cabelo.
- Técnico/a en postizaría.
- Técnico/a en manicura.
- Técnico/a en pedicura.
- Técnico/a ou axente comercial de empresas do sector.
- Recepcionista en empresas de peiteado.
- Demostrador/ora de equipamentos, cosméticos e técnicas de peiteado.
Duración
Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.
Idiomas
- O alumnado pode participar no Programa CUALE.
- O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass
En que réxime queres facer este ciclo?
Ordinaria
Estes estudios teñen unha duración de 2 anos académicos, realizando no último trimestre do 2º ano prácticas en empresas por un total de 410 horas.
A lista de módulos (materias) é a seguinte:
Módulos do primeiro ano | Horas |
Estética de mans e pés | 107 |
Imaxe corporal e hábitos saudables | 133 |
Peiteados e recollidos | 266 |
Cosmética para peiteado | 160 |
Peiteado e estilismo masculino | 80 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Análise capilar | 107 |
Módulos do segundo ano | Horas |
Márketing e venda en imaxe persoal | 70 |
Coloración capilar | 210 |
Técnicas de corte do cabelo | 210 |
Cambios de forma permanente do cabelo | 87 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Formación en centros de traballo | 410 |
Persoas adultas
Estes estudios son modulares, polo que alumno se matriculará dos módulos (materias) que considere. Matriculándote do máximo de módulos posible cada ano, a duración para acabar estes estudios é de dous cursos académicos completos e dun trimestre máis para a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo.
Como o alumnado pode matricularse de calquera módulos en calquera orde, o Departamento de Imaxe Persoal recomenda o seguinte itinerario:
Módulos do primeiro ano | Horas |
Estética de mans e pés | 107 |
Imaxe corporal e hábitos saudables | 133 |
Peiteados e recollidos | 266 |
Cosmética para peiteado | 160 |
Peiteado e estilismo masculino | 80 |
Análise capilar | 107 |
Módulos do segundo ano | Horas |
Márketing e venda en imaxe persoal | 70 |
Coloración capilar | 210 |
Técnicas de corte do cabelo | 210 |
Cambios de forma permanente do cabelo | 87 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Módulos do terceiro ano | Horas |
Formación en centros de traballo | 384 |
O departamento de Imaxe Persoal recomenda:
- Para cursar Técnicas de corte do cabelo convén ter cursado:
- Peiteados e recollidos
- Para cursar Coloración capilar convén ter cursado:
- Peiteados e recollidos
Se un alumno/a se matricula de módulos de primeiro e de segundo o mesmo ano (tendo en conta o itinerario proposto), é moi posible que se solapen en horario.