Skip to main content

Europass

Imaxe do logo de Europass

Europass xurdiu no marco da Comisión Europea para axudar a mellorar a transparencia das cualificacións profesionais e a mobilidade. Así se crearon varios documentos como o Curriculum Vitae europeo e o Suplemento ao Título, así como unha rede de puntos nacionais de referencia para as Cualificacións.

Todos aqueles/as que rematen o ciclo, e teñan pensado irse a traballar fóra de España, ao solicitar o Certificado poden facelo no idioma que demanden. Xa que no marco de Europass se recollen todas as competencias e capacidades adquiridas no ciclo, os empregos aos que da acceso así como un resumo do sistema educativo español e o nivel de estudos ao que pertence a titulación. Este complemento axuda á comprensión do certificado no pais distinto ao que se expide.

O Suplemento ao título pode solicitarse na Secretaría do IES. Se tedes calquera dúbida ou queredes máis información, por favor, pasade por Orientación.

Mais información: