Skip to Content

Blogue de admin

Programa YAM no IES de Soutomaior

Como xa comentamos na reunión do Equipo Directivo e dos titores coas familias, este ano o IES de Soutomaior foi nomeado como centro piloto para a implantación do programa YAM.

A finalidade deste plan é dotar ao alumnado de ferramentas que os axudarán a enfrontarse a situacións difíciles da vida cotiá. Esto favorecerá a prevención de problemas no seu estado de saúde mental e os fortalecerá para evitar que "pequenos" obtáculos se convirtan en males maiores a medio e longo prazo.

Este modelo de intervención está recomendado pola OMS e por Save the children, pois tras ser avaliado por un estudo con máis de 11.000 alumnos, demostrou que é eficaz  para reducir intentos de suicidio e ideacións suicidas entre mozos sen problemas de saúde preexistentes nun 50%.

O alumnado  de 3º da ESO será o beneficiario destas accións e traballará cos instructores YAM de España en 5 sesións.

Esta información está explicada por un dos instructores nun vídeo ao que se pode acceder premendo a seguinte ligazón e resumida nos cartéis explicativos adxuntos nesta entrada.

Polo san Martiño, trompos ao camiño

O pasado 7 de novembro, durante o magosto celebrado no IES de Soutomaior, tivo lugar o 1° Concurso "Polo san Martiño, trompos ao camiño". Había tres modalidades: Decoración de trompos, Decoración de Fichas de trompos e Baile de trompos.

O Departamento de Galego agradece a participación e o entusiasmo do alumnado participante. Parabéns para todas e todos os premiados.

 

Para ver a imaxes da entrega de premios podedes premer na seguinte ligazón.

Sorteo cesta de Nadal

O IES de Soutomaior sortea unha cesta de Nadal para poder axudar aos participantes na excursión de fin de curso a financiar o coste da mesma.

Dende o centro queremos agradecer ao noso Manuel Lorenzo, traballador no centro na cafetería, a donación dos cartos para pagar a cesta que sorteamos e que aparece na seguinte imaxe.

 

Moita sorte!!!

Magosto no IES de Soutomaior

Un ano máis, o IES de Soutomaior parou as clases para que na tarde do 7 de novembro tivera lugar unha das celebracións máis entrañables da nosa cultura.

Por fortuna o tempo foi clemente con nós e parou de chover polo que puidemos desenvolver as actividades que tiñamos programadas.

             

Para comezar, as alumnas de 2º da ESO Olalla Lomba Otero e Giana Valadares Hernandez interpretaron varias cancións tradicionais.

As dúas artistas demostraron un gran poderío no escenario deixándo ao público abraiado pola súa interpretación.

Quedamos tan encantados que esperamos poder volver a disfrutar da súa música.

    

Despois do concerto, o alumnado puido ir a degustar as castañas ao patio cuberto da entrada.

Coma tódolos anos, Nati, do CEIP Padín Truiteiro deulle a esta celebración un gran salto de calidade traendo o seu tradicional asador e preparando os cucuruchos de castañas.

                

Para rematar, o alumnado puido disfrutar cos nosos xogos tradicionais.

O profesorado e a organización do evento quere agradecer a continua colaboración do alumnado de 1º de bacharelato que estivo a axudar con todo: repartindo as castañas, subindo e baixando os xogos así coma ensinando as bases de cada un aos seus compañeiros. Tamén queremos agradecer a Vanesa Peón o seu traballo para preparar e dirixir esta colaboración e a Antonio Ricón pola súa colaboración activa coa organización dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Para ver máis imaxes do evento pódese aceder á galería.

Charla Axencia Tributaria

O día 3 de novembro o Departamento de Economía organizou unha actividade dirixida ao alumnado de 4º da ESO que cursa a materia de Economía.

Esta consistiu nunha charla impartida por Rebeca Calviño, unha membro da Axencia Tributaria que traballa en Marín, que estivo máis dunha hora transmitindo de primeira man o traballo que desenvolve cada un dos estamentos que comprende esta organización.

Tamén nos explicou, por suposto, a natureza dos impostos que debemos de pagar como cidadáns e a súa utilidade nesta sociedade para poder manter e crear infraestructuras, poder dar axudas, becas, etc.

Dende o IES de Soutomaior queremos agradecer a Rebeca Calviño ter vido ao centro a explicar todos estes contidos de xeito tan ameno, captando o interese do alumnado. Esperamos poder contar con ela para o seguinte curso.

Club de Lectura. Soutomaiores

 

ANÓTATE!

 

  • Constituimos un Club de Lectura para persoas adultas, que denominamos “Soutomaiores”, aberto á Comunidade Educativa (profesorado, exalumnado, nais, pais, titoras/es legais, persoal de administración e servizos…). Animámosvos a quen queira participar a que vos anotedes canto antes (podemos poñer como data límite o venres 10 de novembro).

 

  • A idea é lermos por trimestre un libriño interesante e comentármolo entre todas e todos, de ser posíbel coa autora e autor: isto supón un mellor coñecemento tanto de quen o escribiu como da obra en si. A obra, data e momento deste encontro están por determinar, mais nada máis sabelo o comunicaremos ao Club.

 

  • Así que so desexamos que vos animedes a participar: a lectura e o encontro de fala entre todas e todos (incluído quen escribiu o libro) sempre resulta moi gratificante.

Halloween no IES de Soutomaior

O luns e o martes previos á festividade de tódolos Santos, o IES de Soutomaior estivo preparado para a ocasión.

Os Departamentos de Inglés e educación Plástica e Visual traballaron xunto co seu alumnado a contrarreloxo logrando un ambiente terrorífico. Tamén os timbres de entrada, saída e cambio de clase mudaron o seu ton clásico por sons típicos de Halloween.

Para favorecer a participación do alumnado, organizamos dúas actividades nos recreos:

Os grupos de 1º e 2º da ESO puideron participar no concurso da Caixa Misteriosa, que contou coa colaboración de Secretaría e, para rematar o festival, no recreo do martes, organizouse un concurso de disfraces no patio no que puido participar todo o alumnado do centro.

Queremos agradecer o esforzo extra dos Departamentos organizadores logrando que a rapazada puidera disfrutar de dous días diferentes.

Pódense ver máis imaxes do evento premendo na seguinte ligazón: galería.

Convocatoria de reunión de titoría coas familias

O IES de Soutomaior convoca ás familias da ESO a unha reunión cos titores dos cursos nos que cursen os seus fillos/as titorandos/as. Nesta se lles dará información importante de cara o comezo deste curso 2023/24.

 

                  Lugar:             Ximnasio     

                                                               

Curso

Data

Hora

1º da ESO

luns 23 de outubro            

16:00 h

2º da ESO

luns 23 de outubro            

17:00 h

3º da ESO

luns 23 de outubro            

18:00 h

4º da ESO

luns 23 de outubro            

19:00 h

1º de Bach

mércores 25 de outubro        

18:00 h

2º de Bach

mércores 25 de outubro        

19:00 h

 

Aproveitando a convocatoria, o vicedirector abordará o tema da excursión de fin de curso coas familias do alumnado de 4º da ESO, para comentar o interese pola mesma, posibles destinos e formas de financiación.

 

Openscience 2023

Esta pasada fin de semana , do 15 ao 17 de septembro, Breixo Cernadas e Lucía Castrillo tiveron a oportunidade de presentar na Openscience de Cambre o seu proxecto (Compost IA), gañador do Premio de Rigor Científico na pasada Feira da Ciencia organizada polo Concello de Soutomaior.

Dende as 12:00 do sábado ata a 13:00 do domingo, os dous participantes ocupáronse de explicar as características do seu innovador traballo á xente que se ía achegando ao seu posto.

Despois de tanto esforzo, os nosos alumnos tiveron unha recompensa ben merecida gañando o primeiro premio na categoría de bacharelato.

 

Dende o IES de Soutomaior queremos expresar o noso orgullo polo traballo realizado e pola idea tan orixinal. Tamén queremos agradecer o traballo feito pola súa titora do proxecto, Saínza Martínez López e pola OMIX do Concello de Soutomaior que organizou e facilitou a nosa participación no evento. Tampouco nos queremos olvidar de Sofía Martínez Braña, integrante inicial do grupo que finalmente non puido ir á Openscience este ano.

Móllate polos ríos. Limpeza da contorna do Verdugo.

 

     O Concello de Soutomaior súmase ao proxecto 'Móllate polos Ríos' coordinado pola Asociación Ecoloxista ADEGA, organizando unha xornada de voluntariado medioambiental que consistirá na retirada de lixo dun tramo da ribeira do río Verdugo e Daión, así como eliminación de flora invasora.

 

 

    Esta actividade ten como finalidade a concienciación medioambiental da cidadanía, incidindo na importancia dos ecosistemas fluviais e da correcta xestión dos residuos. Será o domingo 24 de setembro a partir das 10,00 h na praia da Xunqueira de Arcade. É recomendable levar calzado e roupa resistente.

 

 

    Para participar é necesario realizar inscrición previa no correo prensa@soutomaior.gal indicando nome completo, DNI e teléfono de contacto. No caso de que se inscriban menores de idade, deberán ir acompañados por un adulto que tamén se inscriba.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut