Iniciar sesión: Acceso

Orientación

ORIENTACIÓN PARA AS FAMILIAS DURANTE ESTES DÍAS DE SUSPENSIÓN DE CLASES

orientailla@yahoo.com

Durante este días nos que non temos clases presenciais o departamento de orientación quere manter as súas portas abertas aínda que sexa dunha forma virtual. Desta forma poderemos manter o contacto vía correo electrónico, poderedes preguntar as vosas dúbidas, comentar as inquedanzas cara o futuro ou mesmo desfogarvos escribindo un mail, que é un exercicio moi bo.

Aquí tamén iremos publicando a información máis importante de cara á vosa orientación.

 

ACTIVIDADES ADAPTACIÓN CURRICULAR BIOLOXÍA

 

 

 

Aqueles rapaces e rapazas de 1º ESO que tedes material adaptado en BIOLOXÍA debedes rematar tódalas actividades que xa tedes do tema de fungos, moneras e protozoos e logo podedes descargar estar novas pinchando aquí. Según vaiades facendo ou teñades algunha dúbida consultade coa profesora da materia a través do correo aliciabioloxiaillasansimon@gmail.com

Unha vez rematas as tarefas anteriores sería proveitoso que fixérades esquemas sinxelos(premede enriba) que vos axuden a unha memorización máis significativa. Neste seno, é moi importante que fagades varias lecturas do tema para que rodeedes as palabras que non recordades o que significan e buscalas no dicionario, subliñedes con cor vocabulario novo e finalmente fagades os esquemas. Para que comprobedes o que sabedes do tema busqueivos uns exercicios de autoavaliación online (premede no subliñado).

 

Sorte!!

ACTIVIDADES ADAPTACIÓN CURRICULAR SOCIAIS

 

 

ADAPTACIÓN CURRICULAR CSXH

 

O alumnado con adaptación curricular en ciencias sociais, xeografía e historia tanto decomo ESO, tedes á vosa disposición as actividades a realizar premendo no voso grupo de referencia. A medida que as vaiades facendo, segundo o voso ritmo de aprendizaxe, así como para consultar calquer dúbida, podedes contactar co profesor da materia a través do seguinte enderezo foniredondela@gmail.com

 

Moito ánimo!!

VÍDEOS TITORIAIS (ADAPTACIÓNS CURRICULARES)

 

VÍDEOS TITORIAIS

 

Posto que aínda temos que seguir na casa algún tempo máis polo ben de todos, para aqueles alumn@s con adaptación curricular en matemáticas e lingua castelá de 1º e 2º ESO prepareivos un documento pdf no que podedes atopar por materias e contidos enlaces a vídeos con sinxelas explicacións. Estes vídeos serviranvos de complemento ás actividades que tedes en novos recursos didácticos.

Recordade que tedes á vosa disposición o correo apoioillasansimon@gmail.com para consultarme calquer dúbida.

 

Deica pronto!!Sorriso

 

 

NOVOS RECURSOS AULA DE APOIO (DURANTE O TEMPO SEN CLASES)

 

NOVOS RECURSOS DIDÁCTICOS!!! (Actualizado)

 

Para aqueles alumn@s que vaiades rematando as actividades dos caderniños adaptados ou os exercicios de reforzo, déixovos a continuación novos recursos organizados por ámbitos para que elixades os que se vos adecúen (Pinchando sobre cada un deles teredes acceso directo).

 

 

  • ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO EXENTO DE FRANCÉS.

 

  • ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO CON ADAPTACIÓN CURRICULAR EN LINGUA CASTELÁ.

 

  • ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO CON ADAPTACIÓN CURRICULAR EN MATEMÁTICAS.

 

  • ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN LECTORA.

 

  • ACTIVIDADES DE ATENCIÓN ESTIMULACIÓN COGNITIVA.

 

  • ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO CON ADAPTACIÓN CURRICULAR EN LINGUA GALEGA

(NOVO, premede aquí)

 

 

Lembrarlle aos alumnos que se incorporaron recentemente á aula de apoio que fagan o posible por seguir as indicacións de traballo descritas para o seu grupo de referencia en tódalas materias, agás en castelá e matemáticas que poden realizar as actividades dos ámbitos anteriormente mencionados.

 

Recordade que tedes á vosa disposición un correo para facerme chegar calquer dificultade de acceso aos diferentes contidos como as dúbidas na resolución das actividades.

 

apoioillasansimon@gmail.com

 


EU TAMÉN QUEDO NA CASA!!!

 

PROPOSTA DE TRABALLO DA AULA DE APOIO DURANTE A INTERRUPCIÓN DAS CLASES

 

RECURSOS INTERACTIVOS

 

Aquí poderedes ter acceso a diferentes páxinas web por materias: matemáticas, lingua castelá, lingua galega, inglés e mesmo a algunhas destinadas á aprendizaxe do español (Pinchade aquí)

Só tedes que pinchar en cada enlace e levaravos directamente a resumos básicos de teoría de contidos que estabamos traballando, ou mesmo xa dados, así como a actividades interactivas ou documentos pdf que podedes descargar.

A partir dos resumos de teoría podedes facer algún esquema, nas actividades interactivos xa tedes a corrección de maneira online e os documentos pdf contemplan exercicios similares ós feitos na clase.

Sempre que fagades algún esquema e/ou exercicio podedes consultar as dúbidas a través do correo: apoioillasansimon@gmail.com

 

 Ánimo!!!

 

PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE CURSO 18/19

NOVAS SOBRE AS PROBAS DE ACCESO ÓS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO CURSO 14/15

Xa non queda nada para a celebración de dita proba que como sabedes será o dia 3 de Xuño de 2015 finalmente no IES de Teis, aqui nos anexos vos deixo toda a información que debedes consultar, antes de nada revisade as listas de admitidos e recordade levar o xustificante que vos deron ó entregar a solicitude xunto co voso DNI ó exame. O día 26 de maio no recreo temos reunión para os que vos presentades.

 

MOITA SORTE A TODOS

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO CURSO 14/15

Os alumnos e alumnas que cumpran 17 anos no ano 2015 e que queiran irse a un Ciclo Formativo de Grao Medio teñen a opción de presentarse a estas probas de acceso aínda que non teñan o Título da E.S.O. de feito están pensadas para alumnado que se prevé que non vaia a alcanzar o título da E.S.O. debido á súa idade e á historia escolar (repeticións de curso, dificultades académicas....). Recordade de todos os xeitos que o Título de Técnico que se obtén cos Ciclos Formativos de Grao Medio é equivalente ó Título de E.S.O. se rematades o Ciclo, se non o rematades non teredes ningún título. Os alumnos e as familias que desexen mais información poden solicitar cita co Departamento de Orientación.

Prazo de Inscripción: 7 - 20 Abril no IES Pedro Floriani

Data de celebración da proba: 3 de Xuño de 2015

                                                             9:00 Presentación

                                                             10:00 - 13:00 parte matemática e sociolingüística

                                                             16:00 - 18:00 parte científico técnica

 

Os alumnos e alumnas que teñan a proba superada de outros cursos deben solicitar no centro donde realizaron dita proba un certificado para poder solicitar Ciclos unha vez saia a orde de admisión.

 

EXEMPLOS DE PROBAS CAS SOLUCIÓNS CORRESPONDENTES

 

CURSO 14/15 -- ORIENTACIÓN VOCACIONAL: ¿QUÉ VOU A FACER CANDO REMATE A E.S.O.?

OPCIÓNS SEN TÍTULO DA E.S.O.:

  • Proba de Acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio
  • Proba de Acceso a Ensinanzas de Réxime Especial de Grao Medio (proba de acceso)
  • Ensinanzas de Adultos
  • Proba de Obtención de Titulo de E.S.O.
  • Mundo laboral

OLLO:

Sen título de E.S.O. podedes acceder a certas ensinanzas que ó rematar vos ofrecen un título de validez equivalente ó da E.S.O. pero se non as rematades estaredes sen título de E.S.O. nin equivalente
Aínda que sen título da E.S.O. podedes acceder ó mundo laboral as opcións que ides ter son moi poucas polo que non compensa sair do mundo educativo tan cedo, a nosa recomendación é que continuedes formándovos no que queirades pero que continuedes

 

OPCIÓNS CON TÍTULO DA E.S.O.:

  • BACHARELATO
  • CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO
  • ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL
  • OUTRAS OPCIÓNS: policía nacional, garda civil, bombeiro, exército profesional...

 

 

CONCEPTO DE ORIENTACIÓN

A ORIENTACIÓN NO IES ILLA DE SAN SIMÓN

 

         No noso centro entendemos a Orientación Educativa como un proceso de desenvolvemento integral do alumno que se produce ó longo de toda a súa vida de forma contínua, que non só ten lugar no marco escolar senon en moitos outros de tipo social e por iso a orientación non debe intervir soamente sobre o alumnado senon tamén sobre o contexto.

                                              

PARA CONSULTAR

Para consultar:  

  • Titulacións da Universidade de Santiago de Compostela (USC) preme nesta dirección: 

 http://www.usc.es/gl/titulacions/titulac1e2ciclo.html

  •  Notas de corte do curso 2011/2012:

http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oiu/descargas/marcapxxinas_2012.pdf

  • Guía do Sistema Universitario de Galicia:

http://www.usc.es/export/sites/default/gl/perfis/futuros/aponte/descargas/guia_sug.pdf

  •   Ven á FP, portal educativo da Xunta:

http://www.edu.xunta.es/fp/

 

  • Probas de acceso ao ciclo medio:

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio

CARREIRA SOLIDARIA

  Preme na imaxe e accederás a información.

 

Preme no logo e accede a presentación.

Participa na carreira solidaria, mércores 19/12/12 na  Alameda de Redondela ás 12.00h

Por mor do mal tempo queda aprazada para o mes de xaneiro.                                                                 

AULAS SEN FUME.

Este é o sexto ano que o Departamento de Orientación traballa no programa da Consellería de Sanidade na prevención do tabaquismo na adolescencia. Aulas sen fume vai dirixido a to@s nos@s alumnad@s de 1º e 2º de ESO. Haberá concursos, charlas impartidas por profesionais da sanidade e moita, moita participación.

 

TRABALLOS ELABORADOS NAS


TITORÍAS DE 1º E 2º DE E.S.O.


 

 AULA 


         TRABALLO
  1º B  
  1º C  
  2º A  
  2º B  
  2º C  

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

11/06/12    25 DE NOVEMBRO

 

prema aquí e le o seguinte conto

APÚNTATE Á CARREIRA SOLIDARIA!!!!

APÚNTATE Á CARREIRA SOLIDARIA!!!!

Síndrome de Down 1

Alumnado estranxeiro DOG

DOG

Distribuir contido