Iniciar sesión: Acceso

ACTIVIDADES ADAPTACIÓN CURRICULAR BIOLOXÍA

 

 

 

Aqueles rapaces e rapazas de 1º ESO que tedes material adaptado en BIOLOXÍA debedes rematar tódalas actividades que xa tedes do tema de fungos, moneras e protozoos e logo podedes descargar estar novas pinchando aquí. Según vaiades facendo ou teñades algunha dúbida consultade coa profesora da materia a través do correo aliciabioloxiaillasansimon@gmail.com

Unha vez rematas as tarefas anteriores sería proveitoso que fixérades esquemas sinxelos(premede enriba) que vos axuden a unha memorización máis significativa. Neste seno, é moi importante que fagades varias lecturas do tema para que rodeedes as palabras que non recordades o que significan e buscalas no dicionario, subliñedes con cor vocabulario novo e finalmente fagades os esquemas. Para que comprobedes o que sabedes do tema busqueivos uns exercicios de autoavaliación online (premede no subliñado).

 

Sorte!!