Iniciar sesión: Acceso

Club de Ciencia

Proxecto 2020/21

Galiciencia 2024

   

Vota polos nosos proxectos de galiciencia 2024!

Aberto o prazo para votar polos nos proxectos 8,9 e 10 de maio.

bioplasticos-a-partir-de-almidón-maíz

biopolimero-de-caseina-a-partir-de-leche

 

O noso alumnado de 2º da ESO,  participou por primeira vez en Galiciencia, e os dous proxectos presentados foron seleccionados.

Como agasallo xa teñen a visita gratuíta para todos /as o alumnado 2º ESO a feira científica o vindeiro  8 de maio.

Agora a gañar!!

En breve a votar polos nosos proxectos.

Berta Vidal e Sofía Portela de 2º B

Mara Couñago e Berta Couñago de 2 °C.

Celebramos o día da muller e da nena na ciencia

O pasado 11 de febreiro conmemorouse o día da Muller e da Nena na ciencia,unha conmemoración onde se pretende dar visibilidade a mulleres relevantes no ámbito da ciencia e fomentar as vocacións científicas entre as mulleres.

 

Este ano o club de ciencia, o club de lectura , a biblioteca e do departamento de plástico do noso centro, quixemos conmemorar esta data facendo unha exposición de mulleres científicas galegas que destacaron en distintos ámbitos.

 

Por unha banda, o alumnado do club de ciencia de 4º fixo unha¡s infografías con mulleres da ciencia destacadas e por outra banda, o alumnado de 1º fixo os retratos picasianos de ditas mulleres.

 

 

 

 

 

Determinación da densidade do granito

O alumnado de terceiro da ESO estivo traballando o concepto de densidade e para iso mediu a densidade do granito.

O procedemento a seguir foi:

Mídese a masa dun fragmento de granito na balanza.

-Introdúcese o fragmento de granito nunha probeta con auga e obsérvase o volume de auga desprazada.

-Calculamos a densidade do granito como a masa por unidade de volume.

-Repetimos esta operación con distintos fragmentos de granito e determinamos o valor medio da densidade.

 

 

Ley de Hook

Hoxe o alumnado de 4º da ESO do club de ciencias, estivo a realizar experiencias con distintas masas, comprobando como ao colgalas dun muelle, este sufría distintas elongacións e chegando a conclusión que o elongamento experimentado era proporcional ao peso aplicado (ley de Hooke)

Imprimimos o noso modelo

Continuando coa impresión 3D,nesta fase fixemos a impresión do noso modelo.

Para iso primeiro pasamos o noso ficheiro en formato stl a gcode e a continuación imprimimos na nosa impresora.

 

 

 

 

Iniciándonos na impresión 3D

Hoxe no noso  petisco de ciencia, empezamos o proceso de descargar un modelo 3D da páxina de thingiverse, editalo en tinkercad e exportalo en formato .STL co obxectivo de poder convertilo e imprimilo no seguinte petisco.

 

Aquí podedes ver o proceso:

Preparándose para as o international Junior Science Olympiad

O alumnado gañador do galardón Quintesciencie da Olimpiada Científica Xuvenil,estanse a preparar coas súas profesoras de bioloxía e física e química os venres pola tarde no laboratorio do noso centro.

Un destes días traballaron coa toma de mostras e a observación das mesmas ao microscopio

 

Extraemos o ADN da nosa saliva

Dentro dos nosos petiscos de ciencia, este mércores decidimos sacar ou extraer o ADN da nosa propia saliva.

Para iso, un de nós ofreceuse voluntario para aportar a mostra e a partir de aí, empezamos o proceso.Engadimos sal e un pouco de xabón para romper a membrana do núcleo onde se atopa o ADN e despois engadimos moi lentamente alcol, precitamos o ADN e puidemos observalo.

Aquí tedes o noso ADN precipitado:

 

   

 

 

Fabricamos un indicador natural de PH.

Hoxe retomamos os nosos petiscos despois dunha semana de parón.

Fabricamos un indicador natural de Ph con col lombarda.E por que a lombarda?

Pois a lombarda ao igual que moitos froitos como as moras, frambuesas,arándanos etc teñen na súa composición unha molécula chamada antocianidina, que é unha molécula que modifica a súa estrutura en función da cantidade de protones(H+)presentes en disolución.Cando cambia a súa estrutura tamén cambia a súa cor, e grazas a ese cambio de cor, podemos determinar dun xeito bastante preciso o ph de moitas sustancias.

Nós fixemos a determinación do Ph con ácido clorhídrico, lexía, deterxente, auga, bicarbonato, leite,vinagre de mesa e vinagre de limpeza. Puidemos comprobar o cambio de cor e vimos como a química pode darnos unha grata sorpresa.

 

Fabricamos plastilina conductiva

No segundo petisco de ciencia que levamos a cabo no laboratorio, elaboramos plastilina conductiva. Esta plastilina a diferencia da plastilina tradicional coa que xogamos de pequenos, caracterízase por conducir a corriente eléctrica. E isto... a que é debido?

Pois a que na súa composición leva sal e limón, substancias conductoras da electricidade.

 

Aquí tedes unha pequena mostra da nosa experiencia:

 

 

Experiencia de Rutherford

O primeiro científico que intentou levar a cabo experimentos para obter información que permitira construir un modelo atómico ben fundamentado foi Ernest Rutherford.

O alumnado do club de ciencias xunto coa súa profesora de Física e química reproduciron no laboratorio a experiencia de Rutherford.

O experimento levado a cabo consistiu en deixar caer unha canica unhas 100 vecessobre unha lámina con círculos iguais de diámetro descoñecido.Para a recollida dos  impactos colocouse papel carbón sobre a lámina,Fíxose un reconto do número de impactos dentro dos círculos e os impactos na fronteira , considerándose impactos eficaces os que caen dentro dos círculos máis a metade dos que caen na fronteira. 

A relación entre a área total da lámina e a área total dos círculos e a mesma que a relación entre os impactos totais na lámina e os impactos eficaces nos círculos. Desta relación obtense o valor da área dun círculo e de aquí o seu radio.

Petiscos de ciencia: tensión superficial

No noso primeiro petisco de Ciencia que ten lugar os mércores no laboratorio experimentamos coa tensión superficial da auga.Vimos cantas gotas de auga collían nunha moeda dun euro, e descubrimos como botando auga con deterxente o número de gotas que collían era sustancialmente menor.(o deterxente é un TENSIOACTIVO).

Nesa fráxil membrana que forma a auga, repousan insectos, que aínda que teñen unha densidade algo máis alta,aproveitan esas forzas intermoleculares na superficie para pousarse.

 

Club de ciencia Curso 23-24

 

Comezamos o noso club de Ciencias do curso 23-24

Esperámosvos todos os mércores no laboratorio do instituto para facer un "petisco" de Ciencia.

Lembrade que este ano podedes seguirnos no instagram.ANIMÁDEVOS!

 

Obradoiro de electromagnetismo

A física é unha disciplina moi interesante e por tanto, non podía faltar este ano no noso club de ciencia.

O alumnado puxo en práctica as experiencias de Oersted e Faraday, evidenciando como a electricidade e o magnetismo están relacionados entre sí.

Aquí tedes un resumo do traballo realizado:

Galimates

Outra das actividades que non pode faltar todos os anos no noso centro  é o GALIMATES.Unha actividade moi divertida porque consiste en resolver probas do máis variado, usando a lóxica e o inxenio.

Este ano os retos foron moi atractivos e un gran número de alumnado ao final conseguiu a meirande parte dos retos, co cal sentímonos moi orgullosos.

 

 

 

 

Roteiro medioambiental e visita a Minergal

Este ano outra das actividades que realizamos foi un roteiro medioambiental ao Monte Aloia, onde o alumnado participante puido visitar o centro de interpretación ambiental do parque e coñecer cales son as especies vexeitais autóctonas máis importantes dos ecosistemas galegos.

Por outra banda tamén o alumnado aproveitou para facer unha visita ao museo Minergal onde puideron observar unha importante colección de minerais, rochas e fósiles que este museo posúe.

Aquí podedes ver unhas fotos das visitas:

 

Obradoiro: Iniciación á programación coa placa microbit

Outra das actividades que estamos a levar a cabo este ano no noso Club de Ciencia é o traballo coa placa microbit.

A placa Microbit é unha pequena placa controladora, pero cun enorme potencial, xa que a placa dispón de sensores de luz,de temperatura, acelerómetro e micrófono, co cal se pode facer un montón de proxectos do máis interesantes con ela: un podómetro,xogos como o clásico de pedra, papel e tesoira, e xa cousas máis elaboradas, como construir unha estación metereolóxica.

Este ano estamos facendo pequenas experiencias con ela, aprendendo a programala e o seu funcionamento básico, para lanzarnos a retos maiores para o noso club do curso que vén.

XA VOS IREMOS CONTANDO!

Feira de Ciencias de Soutomaior

Despois do intenso traballo que tivemos tanto na fabricación de  xabóns coma na construción do triángulo de Sierpinski, decidimos que por que no nos lanzábamos á aventura de  participar nunha feira científica.Presentamos os nosos proxectos á II feira de ciencias de  Soutomaior e RESULTAMOS ADMITIDOS!

Aí empezou un traballo intenso de preparación tanto da parte divulgativa (vender o noso traballo) como a preparación dos nosos stands, con carteis,infografías.Tratábase de que a información quedase clara de cara ao público que nos ía a visitar e de cara ao xurado que nos ía a valorar, aínda que para nós o premio xa estaba en participar.

 

 
 

 

 

 

O triángulo de Sierpinski: construción dun fractal matemático usando latas recicladas

Unha das actividades maís entretidas no noso club de Ciencias foi a construción do triángulo de Sierpinski, unha estructura fractal.

E vos preguntaredes: que é un fractal? e en que consiste ese triángulo. Pois así mesmo, foi coma empezou o noso proxecto.

Un fractal é unha estrutura autosemellante é dicir, que se a ves na súa totalidade, ou ben unha parte dela, a estrutura é semellante.

Aprendimos o concepto de fractal e averiguamos que na natureza, as estruturas fractais están moi presentes: as nubes, os pulmóns, algún tipo de coles como  o romanescu....e tamén, a XEOMETRÍA FRACTAL  forma parte da tecnoloxía de hoxe en día: as nosas antenas dos móbiles están feita con xeometria fractal! TODO UN DESCUBRIMENTO!

Na preparación da construción do noso triángulo, aprendimos e puxemos en práctica moitos conceptos matemáticos: potencias, semellanzas e progresións xeométricas.

E por último, estivemos pensando que materiais precisábamos para a súa construción- e decidimos que un xeito de facelo de xeito respetuoso con medio ambiente sería usando materiais reciclados.Así que fixemos acopio de latas de refrescos.En 2 semanas tiñamos as latas necesarias para construir 3 triángulos: un de 243, outro de 81 e outro de 27 latas.

Aquí tedes o resultado!

 

 

 

Creación de xabóns artesanais

Este curso dentro do noso club de ciencia , o alumnado participante de 4ºC fixo uns xabóns artesanais moi bonitos, cun cheiro moi agradable, e sobre todo ECOLÓXICOS!.

Aprendimos a traballar de xeito responsable no laboratorio e tamén aprendimos a usar unha calculadora de saponificación.

 

O resultado foi do máis ESPECTACULAR, como podedes ver nas seguintes fotos:

     
Distribuir contido