Iniciar sesión: Acceso

Deportes

Do albinismo ás olimpíadas

Este venres 14 de Abril teremos a visita no centro da doutora en medicina e deportista olímpica Susana Rodriguez Gacio. É unha grande oportunidade de escoitar as experiencias dunha deportista de alto nivel cunha traxectoria vital que pode ser unha inspiración para todos nos.

Esperamos que aproveitedes a charla e participedes no turno de preguntas que se abrirá ó final da mesma.

 

XIX CAMPIONATO DE ATLETISMO ILLA DE SAN SIMÓN

Xa está en marcha unha nova edición do Campionato de atletismo. O vindeiro 12 de abril celebraremos o XIX Campionato de Atletismo Illa de San Simón.

O prazo de inscrición REMATA o día 5 de abril...cubre o formulario premendo na imaxe de abaixo.

XVIII CAMPIONATO DE ATLETISMO ILLA DE SAN SIMÓN

Xa está aberto o prazo de inscrición para esta XVIII edición do Campionato de Atletismo. 

           2

 

 O prazo de inscrición remata o venres 25...Animádevos!!

 Preme na imaxe e accede ao formulario.

formulario

VELA curso 17/18

Un curso máis os nosos alumn@s de 3º e 4º teñen a oportunidade de sair a navegar na Enseada da Illa de San Simón. Unha primeira práctica neste trimestre e a segunda no mes de Maio. 

Foto de Pablo Taibo

Foto de Pablo Taibo

Preme nos enlaces e accede as imaxes:

Album 4ºA

Album 4ºB (fotógrafos: Pablo Taibo, Manuel Álvarez y Miguel Parada)

BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS

O pasado xoves 28 de setembro, os alumnos de 4º e 2ºC tiveron a oportunidade de coñecer máis de preto o baloncesto en cadeira de rodas. Con motivo da celebración da Copa Galicia de baloncesto adaptado en Redondela, o club AMFIV de Vigo impartíu no pavillón de A Marisma unha clase teórico/práctica para os nosos alumnos. Deste xeito poideron coñecer as peculiaridades do baloncesto en cadeira de rodas, así como outros temas relacionados co día a día das persoas con problemas de movilidade.

 

Preme aquí e accede ao album de fotos da xornada

XVII CAMPIONATO ATLETISMO ILLA DE SAN SIMÓN

Preparados, listos...xa

        

Un ano máis, unha nova edición do Campionato de Atletismo Illa de San Simón xa está aquí, Venres 7 de abril. Premendo na imaxe de abaixo poderedes acceder ao formulario de inscrición das probas. Animádevos a batir o "primeiro récord", o da participación, que o ano pasado chegou aos 165 alumn@s. O prazo de inscrición remata o venres 31

 Preme na imaxe e accede ao formulario.

Campionato de Atletismo 2016

Xa está en marcha a XVI edición do Campionato de Atletismo IES Illa de San Simón. Para inscribirse só teredes que cubrir o formulario.

Ánimo e sorte a tod@s.

 Preme na imaxe.

formulario inscripción

NAVEGA N@ ILLA DE SAN SIMÓN

Un ano máis o departamento de Educación Física do Illa de San Simón, pon en marcha a unidade didáctica de Vela. Actividade dirixida aos alumnos de 3º e 4º.

Unha vez rematadas as sesións teóricas, chega o día máis agardado, mañá luns 25 será o momento de sair a navegar. Ao longo desta semana, esperemos que o tempo axude, os grupos de 3º e 4º da ESO do noso instituto, farán as primeiras prácticas de navegación.

Temos que agradecer a colaboración do Centro Recreativo Cultural de Redondela para poder levar a cabo este proxecto.

 

Imaxes da clase teórica 4º A C DC         Imaxes da clase teórica 4º B

 

Tiro con arco no Illa de San Simón

O longo desta pasada semana, os nosos alumnos de 4º da ESO  tiveron a ocasión de ter contacto cunha nova actividade na clase de Educación Física, o Tiro con Arco.

Adestradores do Clube MEIGARCO de Redondela foron os encargados de dinamizar a actividade. Unha pequena introdución teórica antes de pasar a realizar a esperada práctica cos diferentes arcos.

 

 

Imaxes dos diferentes grupos.

Clica para 4º A

Clica para 4º B

Clica para 4º C DC

Distribuir contido