Iniciar sesión: Acceso

BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS

O pasado xoves 28 de setembro, os alumnos de 4º e 2ºC tiveron a oportunidade de coñecer máis de preto o baloncesto en cadeira de rodas. Con motivo da celebración da Copa Galicia de baloncesto adaptado en Redondela, o club AMFIV de Vigo impartíu no pavillón de A Marisma unha clase teórico/práctica para os nosos alumnos. Deste xeito poideron coñecer as peculiaridades do baloncesto en cadeira de rodas, así como outros temas relacionados co día a día das persoas con problemas de movilidade.

 

Preme aquí e accede ao album de fotos da xornada