Iniciar sesión: Acceso

Educación física

FICHA PERSOAL EF CURSO 2023/24

Aquí tedes o enlace para cubrir a Ficha persoal de Educación Física para o curso 2023 2024

Bo curso.

 

Preme na imaxe e accede ao formulario

 

 

Do albinismo ás olimpíadas

Este venres 14 de Abril teremos a visita no centro da doutora en medicina e deportista olímpica Susana Rodriguez Gacio. É unha grande oportunidade de escoitar as experiencias dunha deportista de alto nivel cunha traxectoria vital que pode ser unha inspiración para todos nos.

Esperamos que aproveitedes a charla e participedes no turno de preguntas que se abrirá ó final da mesma.

 

FICHA PERSOAL DO CURSO 2022 2023

Aquí tedes o enlace para cubrir a Ficha persoal de Educación Física para o curso 2022 2023

Bo curso.

 

Preme na imaxe e accede ao formulario

 

 

 

PROGRAMACIÓN EDUCACIÓN FÍSICA 2021-22

PROGRAMACIÓN EDUCACIÓN FÍSICA 2021-22

(Clica e accede á programación 2021-22)

ADAPTACIÓN Á PROGRAMACIÓN 21/22

(Clica e accede á adaptación)

 

FICHA PERSOAL DO CURSO 2021 2022

Aquí tedes o enlace para cubrir a Ficha persoal de Educación Física para o curso 2021 2022

Bo curso.

 

Preme na imaxe e accede ao formulario

3 DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe 3 de decembro, celébrase o Día Internacional das persoas con Discapacidade. Aquí tedes un "Trailer" dun documental de deporte PARALIMPICO...merece a pena ! Teredes 2 minútos ?

 

FICHA PERSOAL DO CURSO 2020 2021

Aquí tedes o enlace para cubrir a Ficha persoal de Educación Física para o curso 2020 2021

Bo curso.

 

Preme na imaxe e accede ao formulario

TAREFAS E.F. PARA O ALUMNADO DE 1º,2º E 3º ESO

Podedes atopar as tarefas de Educación Física no seguinte blogue: www.ahoranostocaef.blogspot.com

TAREFAS ALUMN@S 4º ESO PARA OS DÍAS DE SUSPENSIÓN DE CLASES

TAREFAS SEMANA 8 DE XUÑO

 

TAREFAS SEMANA 1 DE XUÑO

 

TAREFAS SEMANA 25 DE MAIO

 

TAREFAS SEMANA 18 DE MAIO

 

TAREFAS SEMANA 11 DE MAIO

 

TAREFAS SEMANA 4 DE MAIO

 

TAREFAS SEMANA DO 27 DE ABRIL (CLICANDO NO ENUNCIADO ACCEDE ÁS TAREFAS)

 

TAREFAS DO 20 AO 24 DE ABRIL (CLICANDO NO ENUNCIADO ACCEDE ÁS TAREFAS)

 

 

TAREFAS 2ª QUINCENA (30 de marzo ao 3 de abril...13 ao 19 de abril) (domisalinas@gmail.com)

Aquí os deixo 4 actividades diferenciadas: Teoría, Práctica, un Xogo que espero os guste e un pouco de Lectura deportiva.

E moito Ánimo!

 

TEORÍA:

Unha vez feito o curso de bádminton, continuamos agora co deporte de Atletismo. Coñece as diferentes probas, vídeos dos récords do mundo, imaxes...

Accede á Aula Virtual co voso "usuario" e date de alta no curso de ATLETISMO coas seguintes contrasináis por cursos:

 4ºA = atl4a

4ºB = atl4b

4ºC = atl4c

Primeira semana: tedes que consultar todo o publicado no curso de ATLETISMO. Quedará o rexistro das "entradas"  nas diferentes actividades.

Segunda semana: resolveréis o cuestionario e publicarei as respostas para que o poidades correxir.

enlace Aula Virtual:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessansimon/aulavirtual/course/index.p...

 

 

PRÁCTICA

Aquí deixo un enlace para realizar actividade física na casa. Tal e como os  comentei no mail, e moi importante que fagades algo de actividade física. Neste enlace atoparedes a dous adetradores persoais facendo sesións dende a súa casa. Tódolos días ás 10 online...ou se queredes as sesións quedan subidas en youtube.  Un dos adestradores estará sentado, xa que tamén vai dirixido a persoas con mobilidade reducida. ÁNIMO!!

Muévete con nosotros!!

http://www.youtube.com/channel/UCJ7-GMHkGNP5sVN9AQQa8mA?sub_confirmation=1

Ou preme na imaxe. Ao entrar no canal, podes elexir a sesión...ÁNIMO!!

Muévete con nosotros

 

 

XOGO DA OCA DEPORTIVO

Aqui os deixo un xogo de "sempre", pero adaptado para facer exercicio estos días "xogando" en familia.

Clica na imaxe e o podes descargar en PDF.

 

ARTIGOS PARA LER SOBRE DEPORTE https://www.edu.xunta.gal/centros/iessansimon/node/498

 

 

 

TAREFAS 1ª QUINCENA (16 ao 29 marzo)

Aquí os deixo algunha tarefa para estos días. 

Unha parte teórica de repaso do deporte do bádminton e outra práctica para animaros a facer algo de actividade física.

Ánimo e xa sabedes #quedanacasa, "se coido de min coido de todos".

Calquera dúbida ou consulta domisalinas@gmail.com

TEORÍA

Accede á Aula Virtual co voso "usuario" e date de alta no curso de badminton coas seguintes contrasináis por cursos:

4ºA = bd4a

4ºB = bd4b

4ºC = bd4c

Primeira semana: tedes que consultar todo o publicado no curso de bádminton. Quedará o rexistro das "entradas"  nas diferentes actividades.

Segunda semana: resolveréis o cuestionario e publicarei as respostas para que o poidades correxir.

enlace Aula Virtual: https://www.edu.xunta.gal/centros/iessansimon/aulavirtual/course/index.p...

 

 

PRÁCTICA

Anímovos a facer un poco de actividade física durante estes días. Seguro que tedes tempo. Podedes animar aos vosos familiares.

Aquí deixo unha idea e un RETO, á volta a clase faremos a actividade completa do vídeo...Aceptades o RETO??

 

https://youtu.be/JnDu110SBN0

XIX CAMPIONATO DE ATLETISMO ILLA DE SAN SIMÓN

Xa está en marcha unha nova edición do Campionato de atletismo. O vindeiro 12 de abril celebraremos o XIX Campionato de Atletismo Illa de San Simón.

O prazo de inscrición REMATA o día 5 de abril...cubre o formulario premendo na imaxe de abaixo.

XVIII CAMPIONATO DE ATLETISMO ILLA DE SAN SIMÓN

Xa está aberto o prazo de inscrición para esta XVIII edición do Campionato de Atletismo. 

           2

 

 O prazo de inscrición remata o venres 25...Animádevos!!

 Preme na imaxe e accede ao formulario.

formulario

VELA curso 17/18

Un curso máis os nosos alumn@s de 3º e 4º teñen a oportunidade de sair a navegar na Enseada da Illa de San Simón. Unha primeira práctica neste trimestre e a segunda no mes de Maio. 

Foto de Pablo Taibo

Foto de Pablo Taibo

Preme nos enlaces e accede as imaxes:

Album 4ºA

Album 4ºB (fotógrafos: Pablo Taibo, Manuel Álvarez y Miguel Parada)

BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS

O pasado xoves 28 de setembro, os alumnos de 4º e 2ºC tiveron a oportunidade de coñecer máis de preto o baloncesto en cadeira de rodas. Con motivo da celebración da Copa Galicia de baloncesto adaptado en Redondela, o club AMFIV de Vigo impartíu no pavillón de A Marisma unha clase teórico/práctica para os nosos alumnos. Deste xeito poideron coñecer as peculiaridades do baloncesto en cadeira de rodas, así como outros temas relacionados co día a día das persoas con problemas de movilidade.

 

Preme aquí e accede ao album de fotos da xornada

XVII CAMPIONATO ATLETISMO ILLA DE SAN SIMÓN

Preparados, listos...xa

        

Un ano máis, unha nova edición do Campionato de Atletismo Illa de San Simón xa está aquí, Venres 7 de abril. Premendo na imaxe de abaixo poderedes acceder ao formulario de inscrición das probas. Animádevos a batir o "primeiro récord", o da participación, que o ano pasado chegou aos 165 alumn@s. O prazo de inscrición remata o venres 31

 Preme na imaxe e accede ao formulario.

Distribuir contido