Iniciar sesión: Acceso

HORA DE LER 1º CICLO: “Pescando lecturas”

Textos para a hora de ler de 1º e 2º

"Pescando lecturas"

Como comentaramos o curso pasado, era tempo de darlle unha volta a nosa hora de ler no instituto. Iniciamos novo proxecto lector elaborando “Redes lectoras” para as aulas de 1º ciclo da Eso. Nestas redes incluímos títulos atractivos para o alumnado destas idades e depositámolas nas aulas como recurso para o seu uso ao longo das Horas de Ler.

Cada rede leva un xogo de tarxetas de peixes que agochan preguntas e xogos relacionados coas lecturas que terán que conseguir resolver ao finalizar a avaliación. Trátase dun xogo colectivo, en rede, así que lendo un pouco entre todos serán capaces de acadar o obxectivo. Cada pregunta e xogo que desvelen correctamente permitiralles pescar esa lectura e engadir o peixe correspondente da tarxeta as súas capturas. Veremos que tal se lles deu a faena ao final da avaliación! As bolsas de rede foron elaboradas pola empresa de artesanía galega “Redeiras Illa da Estrela de Corme” e xa veñen de camiño nunha barquiña desde Stoupa.gal... Aquí poderán ir seguindo as capturas realizadas polo noso alumnado. A medida que eles desvelen que obra se esconde tras cada peixe, nós iremos desvelándoas na rede de redes!!!

 

 

 

 

 

 

HORA DE LER 1º CICLO... OUTUBRO 2020. ESPECIAL TERROR!

Estimad@s alumn@s e familias!

Durante este curso tan especial desde a biblioteca queremos compartir con vós algunhas propostas de lectura temáticas para cada mes do ano... Empezamos este outubro cun especial de fragmentos de novelas de terror que podedes atopar na nosa biblioteca para levar en préstamo. Deixámosvos o enlace a un padlet no que poderedes investigar cal é a vosa preferida, esa que queredes ler enteira no silencio da casa pola noite para convocar aos espíritos... e levar algún susto! Lede os fragmentos e pedide despois o libro en préstamo... Atrevédevos a ler!

Aproveitaremos as Horas de Ler para presentarvos esta nova plataforma de comunicación literaria... e podedes facer tantas consultas como queirades desde a casa e deixar comentarios nos artigos. Organizamos as propostas por edades recomendadas pero podedes ler indistintantemente a que mais vos chame a atención. Algún dos artigos leva sorpresa, se premedes en CONTINÚA AQUÍ ao final do fragmento abrirase un vídeo no que teredes propostas de cine para acompañar a novela. Esperamos que vos gusten moito... ou que vos asusten moito!

Un saúdo,

Grazas por ler!

 

O noso banco de peixes en "Pescando lecturas"... E na túa clase que? Xa os tedes todos?

Estimadas alumnas e alumnos:

Parece que a nosa hora de ler funciona a perfección, así que parabéns! Pronto seredes auténticas mariñeiras e mariñeiros como Simbad, sempre a procura das miles de aventuras que se agochan nos libros que temos cerca...

Deixámosvos en arquivos adxuntos as ansiadas fotografías do noso banco de peixes, para que vexades así cales vos faltan para completar a colección! Recordarvos que o premio para a clase gañadora de "Pescando lecturas" é unha merendiña ben xeitosa na nosa biblio (si, sabémolo, non se pode comer nin beber na biblioteca pero o esforzo colectivo e continuado e a ilusión ben merecen unha excepción!)

Advertimos que este curso as clases de 1º da ESO están seguindo un bo ritmo de pesca e lectura, así que non vos quededes atrás e aproveitade calquera ratiño para ler!

Un saúdo!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LECTURAS MATEMÁTICAS

Neste enlace atoparedes un blog cunha morea de lectuas, historias e libros con curiosides matemáticas. Son lecturas moi amenas e que poden despertar o gusto pola materia ao tempo que se goza coa lectura. Esperamos sexan do voso agrado.

Distribuir contido