Iniciar sesión: Acceso

Complementarias

Do albinismo ás olimpíadas

Este venres 14 de Abril teremos a visita no centro da doutora en medicina e deportista olímpica Susana Rodriguez Gacio. É unha grande oportunidade de escoitar as experiencias dunha deportista de alto nivel cunha traxectoria vital que pode ser unha inspiración para todos nos.

Esperamos que aproveitedes a charla e participedes no turno de preguntas que se abrirá ó final da mesma.

 

DÍA DO LIBRO 2022 PESCANDO VERSOS

ESTE ANO FIXEMOS GRAVACIÓNS DE POEMAS EN DIFERENTES LINGUAS , NA NOSA RADIO ESCOLAR PARA CONMEMORAR ESTE DÍA.

 

A vacinación

https://youtu.be/sxXwl_3bwzk?t=43

Déixovos un interesante vídeo da página www.aulasgalegas.org sobre a vacinación e a Real Expedición Filátropica da Varíola á América, con motivo do libro que estamos a ler no primeiro ciclo, que está de actualidade polo covid 19.

OS NENOS DA VARÍOLA de María Solar

http://aulasgalegas.org/lse-a-expedicion-balmis-e-a-vitoria-da-vacinacio...

Instagram @club_lectura_

clubdelecturaailladoslibros@blogspot.es

#coronavirus

ACOMPÁÑOTE NO CAMIÑO

O IES Illa de San Simón participa no proxecto " Acompáñote no Camiño" xunto co IES Mendiño, IES Pedro Floriani, IES de Chapela e coa asociación cultural SOAR, de Redondela. O noso obxectivo principal é aprender a valorar o interesante patrimonio histórico e cultural do concello de Redondela. Queremos tamén dalo a coñecer a todas as persoas que chegan a el desde calquera das dúas rutas Xacobeas do Camiño Portugués a Santiago de Compostela.

Nos documentos adxuntos podes atopar unha parte das actividades realizadas no proxecto. Agardamos que esta información sirva para que desexes percorrer estas rúas cheas de historia. 

Se queres descargar un tríptico informativo sobre a vila de Redondela, preme na ligazón da lingua que desexes: GALEGO, CASTELÁN, FRANCÉS e INGLÉS

Se queres obter  información pormenorizada sobre os 20 lugares máis interesantes da nosa vila, preme na versión que elixas: GALEGO, CASTELÁN, FRANCÉS e INGLÉS.

Se queres coñecer as distancias, a pé, entre os principales lugares de interese, preme na ligazón a este plano: METROMINUTO LUGARES DE INTERESE NA VILA

Se queres coñecer as fotos gañadoras do concurso de fotografía " Acompáñote no Camiño" preme nesta ligazón:  GAÑADORES DO CONCURSO. As fotos gañadoras e outras  presentadas no concurso, aparecen tamén no tríptico sobre a nosa vila e na descrición dos 20 lugares máis destacados do patrimonio histórico de Redondela. 

Se queres ver fotos dos nosos alumnos realizando algunhas actividades deste proxecto, preme na seguinte ligazón:ANDAINAS POR REDONDELA

Para ver algunhas das descricións e debuxos feitos por alumnos, no curso 2020-21, dalgúns lugares de interese de Redondela, preme aquí: POSTAIS DE REDONDELA

 

Saída ao Faro de Vigo

Dentro das actividades desnvolvidas en 3º ESO sobre o xornal organizamos unha visita ao Diario Decano da nosa provincia.

RECITANDO POESÍA

No mes de marzo realizamos unha actividade para preparar a nosa participación en "Lectura na rúa" co Colexio Santa Mariña de Primaria. Os Departamentos de Lingua Castelá( profes Ana e Paula) e Lingua Galega(profe Helena) visitamos o colexio de primaria co noso grupo de 1ºC de ESO e recitamos poemas traballados no Club de Lectura deste ano. Mirade as fotos da actividade compartida.

VISITA Á EXPOSICIÓN DO SCRIPTORIUM

Os alumnos de 3º PMAR foron visitar a exposición do scriptorium medieval no Multiusos da Xunqueira e aprenderon moitas curiosidades sobre a escritura na Idade Media.

SAÍDA AOS MUSEOS DE VALLE-INCLÁN, FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA E DUNAS DE CORRUBEDO.

No mes de xuño, os alumnos de Lingua Castelá e Literatura visitaron, acompañados das profesoras Laura Collazo e Paula Espinosa, o museo Valle-Inclán en Vilanova de Arousa e a Fundación de Camilo José Cela en Iria Flavia, Padrón.Pola tarde fomos á praia e vimos as Dunas de Corrubedo. Fermosa paraxe.

 

ENTROIDO 2013

 

VIDEO - PARTE 1:

VIDEO - PARTE 2:

1ºESO VAI NA GRANXA

07/02/2013 AQUI TEDES AS FOTOS DA VISITA Á GRANXA !!!! (Preme no nariz para ver as fotos)

1ºESO VAI NA GRANXA - 2013

Distribuir contido