Despois do intenso traballo que tivemos tanto na fabricación de xabóns coma na construción do triángulo de Sierpinski, decidimos que por que no nos lanzábamos á aventura de participar nunha feira científica.Presentamos os nosos proxectos á II feira de ciencias de Soutomaior e RESULTAMOS ADMITIDOS!
Aí empezou un traballo intenso de preparación tanto da parte divulgativa (vender o noso traballo) como a preparación dos nosos stands, con carteis,infografías.Tratábase de que a información quedase clara de cara ao público que nos ía a visitar e de cara ao xurado que nos ía a valorar, aínda que para nós o premio xa estaba en participar.
|