Iniciar sesión: Acceso

ORIENTACIÓN PARA AS FAMILIAS DURANTE ESTES DÍAS DE SUSPENSIÓN DE CLASES

orientailla@yahoo.com

Durante este días nos que non temos clases presenciais o departamento de orientación quere manter as súas portas abertas aínda que sexa dunha forma virtual. Desta forma poderemos manter o contacto vía correo electrónico, poderedes preguntar as vosas dúbidas, comentar as inquedanzas cara o futuro ou mesmo desfogarvos escribindo un mail, que é un exercicio moi bo.

Aquí tamén iremos publicando a información máis importante de cara á vosa orientación.