Alumnado de 1º ESO C e 1º bacharelato asistiu este mércores 29 de novembro á entrega dos premios Ernestina Otero Sestelo no Teatro Principal de Pontevedra.
Estes premios recoñecen e valoran aqueles proxectos educativos innovadores e relevantes en canto á incorporación da perspectiva de xénero, traballos que supoñen un exemplo de boas prácticas e son modelo para futuras iniciativas educativas en materia de igualdade de oportunidades.
Temos a ledicia de comunicar que o IES Sánchez Cantón recibiu o 1º premio polo proxecto desenvuelto o curso pasado chamado “ADIANTADXS”.
Noraboa ás profesoras e ao alumnado comprometido por un esforzo e traballo merecidamente recoñecido.
Por iso todos os medios de comunicación locais fixéronse eco deste galardón:
Pica na foto para ver o álbum