Skip to Content

Lectura e representación de contos de terror en Campolongo

A mañá do luns 30 de outubro, o alumnado do club de lectura de 1º de ESO e o alumnado de 1º ESO B participamos na inauguración da biblioteca do IES Campolongo (centro adscrito ao noso IES) cunha sesión de contacontos de medo realizada pola nosa rapazada e dirixida ao alumnado de 4º de primaria.

Unha pequena versión de Un ollo de vidro de Castelao e unha lenda xaponesa sobre os Gunnis constituíron a parte central da nosa posta en escea, ademais de pequenos relatos e microrrelatos que foron o deleite dun marabilloso público nun espazo terrorífico maxistralmente ambientado.

Tralos nervios iniciais, o noso alumnado non decepcionou ao auditorio. Eles e elas mesmos desfrutaron de poder compartir historias cos mociños e mociñas de 4º na súa antiga escola.

Apertas e abrazos, sorrisos e emotivos saúdos ao seu anterior profesorado completaron a sesión.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Lectura de contos de terror en Campolongo

Exparlamentarios visitan o CGTD

O pasado martes 17 de outubro achegáronse ao Centro Galego de Tecnificación deportiva(CGTD) os exdeputados María Ángeles García Míguez (PP), Xulio Pardellas de Blas (PSOE) e Francisco Trigo Durán (BNG), membros da Asociación de Exparlamentarios.

O alumnado de 1º e 2º bacharelato escoitou con atención as funcións que cumpre o Parlamento de Galicia e as explicacións que ofreceron sobre o seu paso pola política. 

 Aínda que a charla estivo sementada de anécdotas e cordialidade,  nalgún momento as posturas ideolóxicas antitéticas alteraron aos ponentes. Sen embargo, o enfrontamento careceu de relevancia.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2023/10/17/tres-exdiputados-gallegos-acercan-politica-span-langglcousa-marabillosaspan-alumnos-bachillerato-pontevedra/00031697538545163281558.htm

Foto de Ramón Leiro (La voz de Galicia)

Descubrindo a José Gil

O luns 16 de outubro, o alumnado de 4º ESO asistiu a una charla no Teatro Principal sobre José Gil.  A través da presentación denominada José Gil. Pontevedra, provincia de cine, na orixe galega, iniciativa de Vía Láctea Films en colaboura con Cine na Rúa e Editorial Galaxia, e co apoio da Deputación Provincial de Pontevedra, achégase a figura deste persoeiro ao gran público.

Así enterámonos, entre otras moitas cousas, de que José Gil naceu en Rubiós (As Neves) en 1870 e morreu en Vigo no ano 1937. Foi un rapaz de aldea que a finais do século XIX, sen saír de Galicia, destacou como fotógrafo, director, operador de cámara, realizador, productor e exhibidor de cine. Realizou a primeira ficción do cinema galego: Miss Leyda (1916), con Castelao no reparto de actores, e percorreu Galicia proxectando películas e documentais nun camión artellado por él: O CINEMÓBIL reclame nº2.

O alumnado escoitou con moita atención e sorprendeuse coa proxección de varias películas de Charlot e Harold Lloyd, coetáneos do noso cineasta. Ademáis visionou unha película de 5 minutos realizada con secuencias obtidas de varios filmes de José Gil, os cales foron atopados tras moitos anos de investigación.

Álbum: Actividades -> José Gil, pioneiro do cine galego

Clubs de lectura 23/24

Os nosos clubs de lectura do curso 23/24 xa están en marcha. Agardamos, coma sempre, unha alta participación e a implicación de toda a comunidade educativa. Adiante!

Curso 23/24

PRESENTACIÓN DO CURSO E REUNIÓN COS TITORES/AS

 

MARTES 10 DE OUTUBRO

HORA

CURSO

LUGAR

18:00

1º BACHARELATO

PARANINFO

19:00

2º ESO

PARANINFO

20:00

1º ESO

PARANINFO

 

 

MARTES 17 DE OUTUBRO

HORA

CURSO

LUGAR

19:00

3º ESO

PARANINFO

20:00

4º ESO

PARANINFO

 

Edugal 2023

O pasado venres 6 de outubro, o alumnado de 3º ESO PDC e 4º ESO PDC visitou Edugal, o Salón da Oferta de Educación e Formación de Galicia.

Prestaron moita atención ás explicacións que lles proporcionaron nos diferentes expositores e solventaron as súas dúbidas realizando as preguntas que xurdiron.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Edugal 2023

Pont Up Store

O pasado venres 29 de setembro, o alumnado de Economía de 2º bacharelato, acudiu acompañado polo profesorado desta materia,  á feira Pont UP Store situada na Praza de España, co fin de realizar unha actividade de contacto coa realidade empresarial máis innovadora.

O Pont-Up Store é unha iniciativa aberta a toda a cidadanía cuxo obxectivo é o apoio ao emprendemento e o incremento da cultura emprendedora na sociedade. No marco do Campus Crea da Universidade de Vigo este encontro é unha decidida aposta pola creatividade e o emprendemento para o desenvolvemento persoal e da sociedade en xeral.

 Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Pont Up Store

A Illa das Esculturas en bicicleta

O pasado xoves, 28 de setembro, o alumnado de 4º ESO realizou unha saída en bicicleta ata a Illa das Esculturas onde practicaron un xogo de orientación axudados por profesorado de Educación Física e alumnado de 2º TSEAS, Técnico Superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva (ciclo formativo co que contamos no IES Sánchez Cantón), dentro da materia de Dinamización Grupal que deben cursar este ano. 

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> A illa das Esculturas en bicicleta

Piragüismo

Listaxe probas extraordinarias Piragüismo

 

Pica na  ligazón

 

 

Aprendendo rugby

O pasado martes 12 de setembro, o alumnado de 2º ESO comezou o curso de xeito activo, con enerxía e alegría, recibindo un obradoiro de rugby impartido polo Club "Mareantes" de Pontevedra e organizado pola profesora de Educación Física, Marta Mera Carrión. 

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Aprendendo rugby
Distribuir contido


by Dr. Radut