Skip to Content

Francés

Profesorado do departamento

Durante o curso 2023/2024 o departamento está composto polo seguinte profesorado:

Basante Alonso, Marta

Domínguez Domínguez, Vanessa

Villaverde Lamas, Mar (Xefa de departamento)

Programme Cinéfolie

O Departamento de Francés, representado polas profesoras Vanessa Domínguez e Marta Basante, ven de organizar un ciclo de cine francés en versión orixinal para todo o alumnado e as familias que queiran participar.

Adxuntamos o programa para todos aqueles que estean interesados. Pica na imaxe para descargalo.

Portada do programa

Páxina 2

 

PROBAS DELF 2023

 

INFORMACIÓN SOBRE O DELF ESCOLAR 2022-23

 

Prazo de matrícula

Ata o 23 de febreiro.

 

Centro de realización das probas:

IES Xunqueira II  (Pontevedra).

 

Datas  e tarifas de realización das probas:

O alumnado deberá seguir as recomendacións do profesorado de francés para escoller o nivel das probas nas que se matricula.

DELF SCOLAIRE

Niveau

PROBAS ESCRITAS (COLECTIVAS)

PROBAS ORAIS (INDIVIDUAIS)

TARIFAS

Data de publicación dos resultados:

 

28/06/23

DELF scolaire A2

Xoves 27 de abril de 17.00 a 18.40

Entre

o martes 12 de abril e o sábado 13 de maio

74,20 €

DELF scolaire B1

Mércores 26 de abril de 17:00 a 18:55

98,70 €

DELF scolaire B2

Xoves 27 de abril de 17.00 a 19.30

117,60 €

Entrega de diplomas DELF B1 ao alumnado de 1º bacharelato

O alumnado de 1º bacharelato recibiu onte os diplomas DELF que acreditan a consecución do B1 en Francés. 

Noraboa a todos eles polo esforzo que foi recompensado con esta certificación oficial expedida polo Ministerio de Educación Nacional de Francia.

  

 

Un paseo con René Magritte

As profesoras Mar Villaverde do IES Sánchez Cantón e Fabiola Cintrón, da EEI Concepción Crespo Rivas, veñen de recuperar a colaboración que xa viñan mantendo antes da pandemia a través do proxecto " j' apprends, you learn: aprendemos". Aquí está o fermoso resultado desta xenial colaboración. Noraboa!

 

TEATRO EN FRANCÉS

O pasado martes 18 de xaneiro, o alumnado de Francés de 4º ESO, desfrutou da representación "Une amitié intouchable" no Teatro Salesianos de Vigo. Ata compartiron foto e risas cos actores!

 

ENTREGA DE DIPLOMAS DELF

Este venres 17 de decembro, foron entregados os diplomas DELF aos

75 alumnos e alumnas que obtiveron este título o curso pasado.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut