Skip to Content

Acitividades

Feira de Ciencia 2022

A pasada semana, parte do alumnado do Club de Ciencia preparou unha pequena feira na que nos explicou o funcionamento e repercusión histórica dalgunhas das pezas do Museo da Ciencia.

Moitas grazas polo voso estupendo traballo e implicación durante todo o curso. Grazas tamén ao alumnado que se achegou  á exposición e así axudou a facela posible.

Pica na foto para ver o álbum

 

Logo premiado no concurso do Club de Ciencia

O concurso proposto para elaborar o logo do Museo de Ciencia, convocado meses atrás, xa ten unha gañadora: Paloma Solla Villanueva, de 2º bacharelato C. Reproducimos as palabras da propia autora que  explican o seu deseño: "Escollín o Nautilus porque é un dos fósiles máis carismáticos e ten varias lecturas. Por unha banda, representa a proporción áurea, que é un concepto que une as Matemáticas, a Bioloxía e a Xeometría. E por outro lado, simboliza a evolución e a historia dos seres vivos. A súa estructura é xeométricamente perfecta e as manchas danlle un carácter orgánico."

Sentímonos moi orgullosos do traballo de Paloma, pero tamén de todo aquel alumnado que se presentou e non obtivo o premio final. É moi gratificante comprobar como o noso alumnado se mostra activo e creativo. E por iso, aplaudimos a todos os que presentaron o seu emblema a este concurso.

Queremos agradecer tamén á axuda brindada por Jaime Rodríguez Abilleira, sempre profesor deste centro, aínda que estea xubilado, que adaptou o logo ás necesidades do noso Museo. 

Parabéns, Paloma!!! A túa pegada sempre estará con nós, grazas ao teu deseño.

CONCURSO DE DESEÑO

 

Concurso Logo Museo IES Sánchez Cantón

O Club de Ciencia en relación co proxecto iniciado este ano de dinamización do Museo convoca un concurso de deseño dun logo que acompañe tanto o blog do Museo como os paneis que o conformarán. A idea é que o Museo pase a formar parte máis activa da nosa vida académica e para iso procederemos a unha remodelación dos espazos e das pezas para darlle maior visibilidade. Pero como toda institución precisa dunha imaxe que o faga identificable e o acompañe resolvemos en convocar para todo o alumnado un concurso que destape toda a vosa creatividade.

 BASES:

 1-Pode presentar deseños do logo todo o alumnado e so pode presentar un logo.

 2- O prazo é ata o 19 de abril inclusive. O deseño enviarase ao enderezo pablo.alonso.de.vega@edu.xunta.es. O formato do deseño será DIN-A4 psado a PDF.

 3-Un xurado composto polo profesorado pertencente ao Club de Ciencia ditaminará cal é o logo gañador. Se ningún deseño é axeitado o premio quedará deserto.

 4-O premio será un vale de 50 euros na libraría especializada en banda deseñada Libraría PAZ.

 5-O Club de Ciencia se reserva o dereito de modificar o logo con fins prácticos (para que cadre coa cartelaría do Museo ou co blog)

 6-O logo so será usado no contexto do Museo, nunca con outros fins.

Agardamos a vosa participación!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut