Skip to Content

Lingua castelá e literatura

Profesorado do departamento

Durante este curso o departamento está composto polo seguinte profesorado:

Herrero Sinovas, Belén

Mediero Veira, Mateo

Miñambres González, Carmen

Muíños Grajal, Cristina (Xefa de departamento)

Rodríguez Marticorena, Verónica

Rodríguez Puy, David

Tomé Rodríguez, Fernando

Ledicia Costas

Onte pola mañá, recibimos a visita da escritora Ledicia Costas que nos falou da súa vida e a súa obra. Moi amablemente, respostou a todas as preguntas que o noso alumnado lle fixo, e empregou moito do seu bo facer en asinar todos os libros que os rapaces e rapazas trouxeron. E damos fe de que foron moitos! Porque resulta ser a escritora favorita de moitos deles.

Asombrounos a súa cercanía, a súa amabilidade e a súa capacidade para facer unha dedicatoria personalizada a cada un deles. Para nós, foi un  placer. Esperamos que para ela, tamén.

E como o noso alumnado quedou encantado coa súa presenza, pedíronme que ao final do vídeo a invitara a volver cando quixera. 

 

TRES RÚAS PARA TRES MULLERES

Tres rúas para tres mulleres

O sábado 5 de Novembro, o Concello de Pontevedra organizou un acto para celebrar a inauguración de tres novas rúas da vila; esta rúas reciben nome de muller coa fin de visibilizar as súas figuras históricas e o seu perfil de pioneiras, loitadoras pola igualdade ou mesmo represaliadas e perseguidas: Vasquida García (menciñeira acusada de bruxaría no século XVI), Dolores Trabado (pioneira da condución) e Ernestina Otero (profesora represaliada).

O acto consistiu nunha intervención do Sr. Alcalde de Pontevedra, nas intervencións dos familiares das homenaxeadas e unha dramatización arredor das historias destas, protagonizadas por un marabilloso trío de alumnas de 1º de bacharelato: María Araujo no papel de Vasquida García, Carmen Fernández-Arruti no papel de Dolores Trabado e Cristina Gómez no papel de Ernestina Otero, dirixidas por Tero Rodríguez que soubo sacar as mellores cualidades interpretativas das mozas. Acompañou o acto a Banda de saxofóns de Redondela, mozos e mozas que coa súa directora puxeron broche de ouro musical á esta posta en escea.

A interpretación das rapazas foi entrañable, emotiva e mesmo espectacular pois nos impresionaron coas súas dotes dramáticas sendo tan novas e sen experiencia; as súas voces foron quen de conmover aos asistentes talmente como se estiveramos escoitando ás donas protagonistas da homenaxe.

Amosaron ser xoves profesionais e responsables dos seus papeis polo que recibiron felicitacións do Sr. Alcalde (que tivo unha fermosas palabras para elas e para o instituto), a Sra. Concelleira de Cultura, dos familiares das donas protagonistas das rúas (que quixeron fotografarse coas mozas, “a súa avoa” como ben dixo o neto de Ernestina) e de todos os asistentes.

Parabéns para elas, as alumnas, que nos achegaron ás grandes mulleres que dan nome ás rúas de Pontevedra e que nos fixeron emocionarnos e sentírmonos ben orgullosas delas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut