Skip to Content

Teatro

Celebración das Letras Galegas

O alumnado que asiste á actividade extraescolar de teatro, acompañado por algúns profesores e profesoras deste centro, realizou o xoves 16 a súa celebración do Día das Letras Galegas denominada: "Escolma, de Rosalía a Gurriarán". O acto consistiu na lectura dunha escolla de textos pertencentes a diversos autores homenaxeados nese día dende a súa fundación en 1963.

Parabéns a estes virtuosos, cativos en tamaño, pero grandes en espíritu artístico!

Grupo de teatro "Sánchez Cantón"

O vindeiro mércores 4 de maio, ás 19:00 h., o grupo de teatro "Sánchez Cantón" estreará a obra de Enrique Jardiel Poncela  "Cuatro corazones con freno y marcha atrás".

Está todo o mundo convidado a unha tarde de risas e diversión.

TEATRO: ACTIVIDAD EXTRAESCOLAR

Este curso 2021-2022, o IES Sánchez Cantón ofrece "Teatro" como actividad extraescolar. Comezará en outubro e as clases serán todos os xoves desde as 16:30 a 17:45 para 1º e 2º ESO, e de 17:45 A 19:00 para 3º, 4º e 1º BACHARELATO. 

O prezo é de 15 euros ao mes, agás para todo aquel alumnado que perteneza a ANPA, asociación que subvencionará a actividade con 5 euros ao mes, polo que o custo para os asociados será de 10 euros.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut