Inicio
Currículos:
- Currículo de Educación Infantil (Decreto 150/2022, do 8 de setembro; DOG do 09/09/2022)
- Currículo de Educación Primaria (Decreto 155/2022, do 15 de setembro; DOG do 26/09/2022)
- Currículo de Educación Secundaria Obrigatoria (Decreto 156/2022, do 15 de setembro; DOG do 26/09/2022)
- Currículo de Bacharelato (Decreto 157/2022, do 15 de setembro; DOG do 26/09/2022)
- Currículo das materias optativas de Bacharelato (borrador)
Configuración Xade:
Documento de axuda:
Actualizado coa nova versión e con información sobre o seguimento da programación, da elaboración da concreción curricular e cun listado de preguntas-respostas.
Última actualización:
Versión 1.6.0 (11/11/2022)
- Permítese a creación de ata 10 versións para cada programación didáctica.
- Novo modelo de informe de programación.
- Nova pantalla 9. Outros apartados, de texto libre e voluntaria, para introducir outros aspectos non recollidos nos apartados anteriores.
- Alerta automática nas pantallas 5.3 e 5.4 naquelas etapas educativas onde estes apartados non son de aplicación.
- Marcado automático dos CA e contidos pai cando se selecciona un subCA ou un subcontido.
- Permítese que o equipo directivo reabra a concreción curricular pechada para introducir modificacións.
Curso 2022-23
No curso 2022-2023, a aplicación Proens deberá utilizarse para:
- A elaboración e o seguimento das programacións das áreas, materias ou ámbitos do 2º ciclo de educación infantil, do 1º, 3º e 5º cursos de educación primaria, do 1º e 3º cursos da ESO e do 1º curso do bacharelato. E para a entrega, supervisión e comprobación por parte das xefaturas de departamento ou, de ser o caso, do profesorado titor ou coordinador de ciclo, así como por parte das direccións destes centros e da Inspección educativa (artigo 4.2 da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia).
- A elaboración da concreción curricular (artigo 40.3 da Resolución do 26 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2022/23).