A Axencia Tributaria vén desenvolvendo desde o ano 2003 o Programa de Educación Cívico-Tributaria (PECT), como un programa educativo cuxo obxectivo é explicar á cidadanía máis nova o impacto que o sistema fiscal, na súa dobre vertente de ingresos e gastos públicos, ten na súa vida cotiá e nas súas perspectivas de futuro.
Para facer chegar aos máis novos estas ensinanzas, todos os cursos celébrase un concurso nacional para centros escolares nos que se premian varias categorías: redacción, carteis gráficos e audiovisuais.
Dúas alumnas deste instituto acadaron os mellores resultados en dúas categorías. O 1º premio de redacción foi para Violeta Fortes Villaverde, e o 1º premio de audiovisuais, para Claudia Casal Campelo.
As alumnas trasladáronse ata Madrid para recibir o premio de mans do Secretario de Estado, Jesús Gascón, e da Directora Xeral da Axencia Tributaria, Soledad Fernández Doctor. Nesta viaxe foron acompañadas polo Delegado da Axencia Tributaria en Pontevedra, a Técnica da Axencia Tributaria Rebeca Calviño, a profesora que as coordinou e animou para que este traballo saíse gañador, Rosa Domínguez, e ademais, un familiar de cada rapaza.
Agencia Tributaria: Categoría Redacción ESO-Bachillerato-FP
Agencia Tributaria: Categoría Pieza Publicitaria - Ganadora (Pontevedra)
As alumnas Claudia Casal e Violeta Fortes finalistas no concurso nacional de “Educación cívico-tributaria” | IES Sánchez Cantón (xunta.gal)
Pica na foto para ver o álbum
Álbum: Viaxes didácticas -> Premio Nacional da Axencia Tributaria