Skip to Content

Curso 24/25

 ADMISIÓN CURSO 2024/25

A solicitude de admisión realizarase no modelo ED550B-anexo II 

 

As persoas solicitantes poderán:

- Cubrir o formulario na aplicación adimisionalumnado e presentalo por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoña de certificado dixital ou de Chave365.

- Descargar o formulario da aplicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia ou da páxina web da consellería para cubrilo manualmente e presentalo de forma presencial.

- Descargar o formulario da nosa páxina web ou recollelo no centro, cubrilo manualmente e presentalo de xeito presencial.

 

Información adicional: (picar na ligazón para a súa descarga)

Roteiro arquitéctónico

O xoves 1 de febreiro, o alumnado de 2º bacharelato D e E que cursa a materia optativa de Xeografía, Historia, Patrimonio e Arte de Galicia realizou un roteiro arquitectónico por Pontevedra, acompañado das explicacións do seu profesor Pablo Alonso.

Álbum: Actividades -> Roteiro arquitectónico

Semana Blanca en Astún

O noso alumnado de 3º ESO xa regresou da viaxe á estación de esquí de Astún, en Huesca.

Polas fotos que nos mandaron parece que non había moita neve, pero iso non impediu que a rapazada desfrutase daetas vacacións invernais. Desconectaron do académico para voltar con forzas renovadas e encarar o resto do trimestre.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Semana Blanca en Astún

"Aquí tamén se fala galego"

O IES Sánchez Cantón participa na campaña de dinamización lingüística "Aquí tamén se fala galego" que iniciou o instituto Rafael Dieste de A Coruña e que apoia o conocido actor Viggo Mortensen. As nosas coordinadoras do EDLG, Salomé Díaz Muñiz e Concepción Díaz Candán, incorporáronse inmediatamente a este reto. Así, o noso centro integrouse no proxecto en canto tivo a oportunidade e xa pertence ao grupo de institutos pioneiros a nivel galego.

Estas iniciativas fan do Sánchez Cantón un centro á vangarda das innovacións.

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/ies-da-cidade-sumanse-campana-do-galego-que-liou-viggo-mortensen/202401231015471288773.html

 

Aprendendo esgrima e patinaxe sobre xeo

O alumnado de 1º TSEASD que recibe clases no CGTD, acudiu a unha sesión de esgrima co seu profesor Marcos Fandiño Reissmann. O director da Escola Hungaresa de Esgrima (Adrián Cubela) realizou unha aproximación e iniciación ao deporte orixinal, diferente e inclusivo de implemento. Varios alumnos manifestaron o seu interese por este deporte que non coñecían e, concretamente un deles, empezará a adestrar co devandito club coa intención de quedar de monitor a medio-longo prazo.

A época de Nadal permitiu tamén gozar e coñecer o deporte do patinaxe sobre xeo, xa que é o único momento no que se montan este tipo de pistas en Pontevedra. 

Tanto Esgrima como Patinaxe sobre Xeo son dúas actividades que están asociadas a dúas materias impartidas neste ciclo polo profesor Marcos Fandiño Reissmann.

E como colofón á práctica destas actividades, o alumnado foi convidado por Pablo Hinojar (adestrador da selección española de Ximnasia Deportiva), que se atopaba traballando durante uns días no CGTD, a asistir ao seu entrenamento. 

Estes futuros Técnicos Superiores en Animación Socio-Deportiva están recibindo e aplicando unha formación que os mantén activos e ilusionados. 

  Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Aprendendo esgrima e patinaxe sobre xeo

Programme Cinéfolie

O Departamento de Francés, representado polas profesoras Vanessa Domínguez e Marta Basante, ven de organizar un ciclo de cine francés en versión orixinal para todo o alumnado e as familias que queiran participar.

Adxuntamos o programa para todos aqueles que estean interesados. Pica na imaxe para descargalo.

Portada do programa

Páxina 2

 

Estudando o río Gafos

Este curso, o IES Sánchez Cantón participa no Proxecto Ríos da Xunta de Galicia. A súa coordinadora, a profesora de Física e Química Paula Calvo, realizou hoxe unha visita ao río Gafos co grupo de Proxecto Competencial de 3°ESO B e o Ámbito Científico de 4°PDC.

A actividade inclúe o apadriñamento dun anaco de río e o estudo de diferentes características físico- químicas e biolóxicas. Estudaranse estes aspectos en varias saídas de campo (a de hoxe e outras dúas máis, de momento).

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Proxecto Ríos

Viaxe a Lisboa

Imaxes do noso alumnado de 1º bacharelato durante a súa visita a Portugal.

Pica an foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Lisboa

Visita á catedral de Santiago

Un curso máis, o alumnado de Relixión visitou a catedral de Santiago acompañado polo seu profesor Juan García Lorenzo. Espertar o interese pola cultura a través das viaxes didácticas segue a ser un labor prioritario para a docencia. 

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Visita á catedral de Santiago

Julia Varela Ruano, madriña da promoción 2023

A xornalista Julia Varela Ruano, exalumna deste centro, convertiuse o día 21 de decembro na madriña da xeración de 1º ESO.

Dende o primeiro momento en que o centro se puxo en contacto con ela para solicitar esta petición, a comunicadora manifestou a súa plena disposición e o seu interese por desenvolver o rol de madriña deste alumnado que hoxe ten 12 ou 13 anos.

O sinxelo acto consistiu nunha entusiasta acollida por parte do alumnado, que elaborou unha presentación explicando a biografía da súa madriña e os logros profesionais obtidos ao longo da súa carreira. 

Pola súa parte,Julia manifestou a súa emoción por voltar ao instituto que a viu formarse e onde encamiñou os seus pasos cara a profesión que hoxe exerce, amosando a súa boa predisposición e manifestándose moi cariñosa con todos os rapaces e rapazas, contestando con paciencia infinita a todas as súas preguntas e resolvendo as dúbidas e curiosidades que lle plantexaron.

Non podemos estar máis contentos da madriña desta xeración, coa cal manteremos comunicación ao longo dos anos vindeiros para que os seus afillados e afilladas non perdan o contacto. 

Moitas grazas, Julia! 

Aquí deixamos unha pequena mostra do que sucedeu neste acto de amadriñamento. Os nosos recursos son moi limitados, pero queriamos compartir estes momentos.

Distribuir contido


by Dr. Radut