Skip to Content

Felicitación

 Desexamos a toda a Comunidade Educativa

Bo Nadal e Feliz Ano Novo

 

 Autora: Patricia Paisa Domínguez (1º ESO B) 

Baile de Fin de Ano

O alumnado do CGTD puido asistir este ano ao Baile de Fin de Ano que celebramos para todo o alumnado o último día antes das vacacións de Nadal.

As súas múltiples obligacións deportivas non lles impediron desfrutar destes momentos de diversión e alboroto.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Baile de fin de ano CGTD

Visita á AECC

O alumnado de 2º TSEASD visitou as instalacións da Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra, situadas na rúa Eduardo Pondal, co fin de apender das técnicas e atencións desenvolvidas polo persoal nos grupos de recuperación físico-psíquica da xente afectada por esta terrible enfermidade.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Visita á AECC

Xogos populares con 1º TSEASD

O alumnado de 1º TSEASD visitou o CEIP Cabanas de Salcedo para aplicar os coñecementos obtidos no módulo de Xogos co alumnado de 1º e 4º de Primaria.  

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Xogos no CEIP Cabanas

Viaxe cultural a Madrid, Toledo e Salamanca

O noso alumnado de 2º bacharelato parece estar a desfrutar desta breve viaxe cultural, onde compaxinan o lecer musical coas visitas museísticas, e os roteiros nas ciudades, coa aprendizaxe histórica a través do divertimento no parque temático de Puy de Fou.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Madrid-Toledo-Salamanca

Entrevista a Rocío Paz Pichel

Hoxe visitounos Rocío Paz Pichel, exalumna do noso centro, para responder ás preguntas de varios alumnos de 4º ESO, os cales a entrevistaron de xeito moi profesional. 

Rocío contounos como foi o seu paso pola ESO, polo Bacharelato e tamén nos falou da súa experiencia na Universidade, as residencias e os pisos, as carreiras, as amizades.... Foi unha entrevista fantástica e do máis interesante.

Aproveitamos para lle dar as grazas a Rocío, por se lembrar de nós e agasallarnos co seu tempo. Desexámoslle o mellor nesta nova etapa.

A muller no período medieval

O alumnado de 2º ESO ven de presentar nestas semanas, unha interesante investigación conxunta sobre un tema histórico pouco coñecido e tratado como é o papel da muller no período medieval.

A entrada do Instituto converteuse temporalmente en sede dunha exposición temática, que pretende facernos reflexionar sobre a vida das mulleres noutras épocas históricas. A iniciativa pretende cubrir as lagoas de coñecemento e valoración das mulleres ó longo de Historia; pensar no porque da súa escasa presencia nos libros de texto tradicionais e coñecer incluso o nome e vida de algunha muller excepcional, que fixo méritos sobrados para ser recoñecida pola Historia.

O alumnado dos catro grupos de 2º de ESO - 120 alumnos e alumnas- indagaron en aspectos moi distintos, dende perspectivas xerais da sociedade medieval ou a reflexión de estereotipos femininos que van xurdir neste momento. Coñecemos a vida de mulleres científicas, artistas ou gobernantes, e incluso se afonda na representación iconográfica e os patróns de beleza impostos pola sociedade medieval.

A exposición sobre a muller no mundo medieval é un traballo impulsado dende a materia de Xeografía e Historia en colaboración co Club de Igualdade do IES Sánchez Cantón.

 

 Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> A muller no período medieval

Culturgal 2023

Unha representacion nutrida do alumnado do IES Sánchez Cantón formada por rapaces e rapazas de 4º ESO, 1º e 2º bacharelato, asistiu este venres 1 de decembro á inauguración de Culturgal 2023, a feira da cultura galega.

Trátase dun evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos no Pazo de Cultura de Pontevedra. O público pode achegarse ás novidades editoriais, o último en audiovisual, ás novas propostas das artes escénicas, a espectáculos de música ao vivo, a servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte.

 Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Culturgal 2023

Visita á Asociación Juan XIII

O alumnado de 2º TSEASD visitou este xoves. 30 de novembro, as instalacións da Asociación Juan XXIII para coñecer de preto a realidade dunha organización que traballa na formación e promoción das persoas con discapacidade intelectual. O obxectivo da asociación é prestar apoios e servizos de calidade ante as necesidades e demandas dos seus usuarios e as súas familias, favorecendo o seu desenvolvemento integral, potenciando as súas capacidades e mellorando a súa calidade de vida persoal, social e familiar.

Álbum: Actividades -> Visita á Asociación Juan XXIII

Charla do programa "Memoria de elefanta"

O alumnado de 4º ESO A asistiu o xoves 30 de novembro, a unha charla de cineforum con María Xesús López Escudeiro, especialista en memoria histórica que realizou un percorrido polo mundo da música e do audiovisual referido aos anos da guerra e da represión.

Esta iniciativa entra dentro do Programa Memoria de Elefanta do Concello de Pontevedra.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Memoria de elefanta
Distribuir contido


by Dr. Radut