Skip to Content

O IES Sánchez Cantón gaña os Premios Ernestina Otero 2023

Alumnado de 1º ESO C e 1º bacharelato asistiu este mércores 29 de novembro á entrega dos premios Ernestina Otero Sestelo no Teatro Principal de Pontevedra.

Estes premios recoñecen e valoran aqueles proxectos educativos innovadores e relevantes en canto á incorporación da perspectiva de xénero, traballos que supoñen un exemplo de boas prácticas e son modelo para futuras iniciativas educativas en materia de igualdade de oportunidades.

Temos a ledicia de comunicar que o IES Sánchez Cantón recibiu o 1º premio polo proxecto desenvuelto o curso pasado chamado “ADIANTADXS”.

Noraboa ás profesoras e ao alumnado comprometido por un esforzo e traballo merecidamente recoñecido.

Por iso todos os medios de comunicación locais fixéronse eco deste galardón:

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/grazas-vos-somos-cidade-feminista/202311301343351281575.html?utm_source=social&utm_medium=whatsapp&utm_campaign=share_button

https://www.pontevedraviva.com/xeral/99975/entrega-premios-ernestina-otero-hay-cantera-podemos-presumir-todas-ciudad-feminista-gracias-vuestro-trabajo/

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2023/11/30/span-langgl-ceip-san-martino-ies-sanchez-canton-ganadores-do-premio-ernestina-otero-sestelospan/0003_202311P30C2992.htm

https://www.lavozdegalicia.es/album/pontevedra/pontevedra/2023/11/29/entrega-dos-premios-ernestina-otero-sestelo/01101701277190188153342.htm

https://www.pontevedra.gal/2023/11/29/o-ceip-san-martino-e-o-ies-sanchez-canton-ganadores-da-quinta-edicion-do-premio-ernestina-otero/?fbclid=IwAR1CRLuOzxxYpk_zyPAMfGs9WT2fr8VuY-GzE9XDyqiNCXs5bhTeVkEc2TY

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Premios Ernestina Otero 2023

Charla na Facultade de Educación e Deportes

Este mércores 29 de novembro, o alumnado de 1º TSEASD asistiu, xunto ao seu profesor Telmo Silva Alonso, a unha charla sobre "Innovación tecnolóxica no balonmán" desenvolvida no Salón de Graos da Facultade de Educación e Deportes de Pontevedra. A ponencia estaba organizada por Galicia Sportech e a UVigo.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Conferencia sobre a innovación no balonmán

Charla de Irene Gesto, profesora da ONCE

O alumnado de 2º TSEASD recibe unha charla teórico-práctica por parte de Irene Gesto Dono, profesora de Educación Física na ONCE.

Esta actividade englóbase dentro do módulo de actividade físico-deportiva para a inclusión social.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Charla de Irene Gesto, profesora da ONCE

"Picasso protagonista"

O alumnado que forma parte dos Clubs de Lectura do CGTD visitou este martes, 28 de novembro, a exposición "Picasso protagonista" no Café Moderno de Pontevedra acompañados polos seus profesores David Rodríguez Puy e María Gómez Piñeiro.

 Trala visita, onde puideron  coñecer as representacións de Picasso no comic español e a súa reivindicación contra a masacre de Gernika, realizaron un obradoiro no que puideron representar mediante arte abstracto a súa renuncia ás guerras contemporáneas, cuns collages de imaxes e sons.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Picasso protagonista

25N

Hoxe conmemoramos o 25N cunha performance no vestíbulo do centro. Recreamos o silencio das miles de víctimas vestidas de negro.

Ás veces as palabras sobran. 

Porque o silencio clama nas nosas almas.

Pica no álbum para ver a foto

 

 Ademais, camiñamos a Ruta Violeta en colaboración coa asociación ASAMPO e cos outros IES da cidade. Por segundo curso, os membros do CI e EDLG participaron nunha andaina reivindicativa polo 25N cos outros da cidade (IES Xunqueira I, Valle Inclán, Luís Seoane) e en colaboración coa asociación Asampo. Alén de visibilizar as mulleres asasinadas este curso, o alumnado dos Comités da cidade puido camiñar xunto e coñecer a outros alumnos coa mesma sensibilidade. Ao mesmo tempo, ao final da andaina, efectuouse a lectura dun manifesto na Alameda de Pontevedra para reivindicar o feminismo e a igualdade como sinónimos de vida, así como o rexitamento de calquera xeito de machismo.

https://igualdade.pontevedra.gal/novas/2023-11-28/andaina-camino-violeta-inverso-contra-a-violencia-machista/

Ademais, participamos nun vídeo colaborativo con todos os IES que colaboramos con Asampo no Camiño Violeta.

Álbum: Actividades -> 25N

Visita á catedral de Tui

O alumnado de 3º ESO viaxou hoxe ata Tui para visitar a catedral e coñecer este pobo señorial con grande tradición histórica.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Visita a Tui

Conferencia na Facultade da Educación e o Deporte

O alumnado de 2º TSEASD acudiu hoxe á Facultade da Educación e o Deporte da UVigo para asistir a unha conferencia sobre untema tan de actualidade como a Intelixencia Artificial e as súas aplicacións no entorno deportivo e da saúde. 

Pica na foto para ver o álbum

 

Álbum: Actividades -> Conferencia sobre IA e deporte

Pontevedra e América, unha mirada en feminino

Hoxe, 21 de novembro, un grupo de alumnos e alumnas de 4º ESO, asistiron á inauguración  da  exposición "Pontevedra e América, unha mirada en feminino", situada na Alameda e organizada pola Deputación e a USC.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Unha mirada en feminino

Semana da Música

 A Biblioteca Charo Sánchez-Gabriel do IES Sánchez Cantón celebra a Semana da Música do día 20 ao 24, xa que o 22 de novembro se conmemora o Día Internacional da Música.

Tanto o alumnado como o profesorado, participarán realizando actuacións variadas durante os animados recreos da biblioteca, deleitando aos oíntes con suxestivas melodías e irmanando a dúas das Belas Artes, a literatura e  a música.

 

 

Roteiro con "Memoria de Elefanta"

O alumnado de 4º ESO A e 4º ESO D realizou un roteiro sobre memoria histórica dentro do programa “Memoria de Elefanta” do concello de Pontevedra.

Foi un percorrido polos espazos de Pontevedra que sufriron a represión franquista tras o golpe militar de 1936, co obxectivo de que as novas xeracións non den ao esquecemento a memoria das víctimas que sufriron a ditadura por defender a II República.

 https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/alumnado-sanchez-canton-descubre-pontevedra-represaliada/202311171608311279716.html

 Pica no álbum para ver as fotos

Álbum: Actividades -> Roteiro memoria histórica
Distribuir contido


by Dr. Radut