O alumnado que forma parte dos Clubs de Lectura do CGTD visitou este martes, 28 de novembro, a exposición "Picasso protagonista" no Café Moderno de Pontevedra acompañados polos seus profesores David Rodríguez Puy e María Gómez Piñeiro.
Trala visita, onde puideron coñecer as representacións de Picasso no comic español e a súa reivindicación contra a masacre de Gernika, realizaron un obradoiro no que puideron representar mediante arte abstracto a súa renuncia ás guerras contemporáneas, cuns collages de imaxes e sons.
Pica na foto para ver o álbum