O alumnado de 4º ESO A e B visitou o venres 11 de marzo a exposición de Proxecto Terra organizada no Auditorio do Museo do Mar de Vigo. Os alumnos foron acompañados polos profesores de Xeografía e Historia, Esther del Castillo e Marcos Fernández.
O pasado martes 18 de xaneiro, o alumnado de Francés de 4º ESO, desfrutou da representación "Une amitié intouchable" no Teatro Salesianos de Vigo. Ata compartiron foto e risas cos actores!
Sempre é una ledicia e tamén un orgullo recibir aos antigos estudantes do centro que lembran con agarimo este espazo no que medraron. E así sucedeu o pasado venres 19 de novembro, cando nos visitaron 2 exalumnos do IES Sánchez Cantón para compartir con nós os seus coñecementos e experiencias vitais.
Por unha banda, Luis Bará ofreceu una charla sobre memoria histórica ao alumnado de 4º ESO (presentado polo profesor Anxo González Guerra, sempre vinculado ao noso instituto), charla que os rapaces e rapazas escoitaron con moito interese.
Por outra parte, Manuel Jabois achegouse ao noso centro para apadriñar ao alumnado de 1º ESO, e ademáis de contarlles da súa vida no instituto, contestou a todas as preguntas que eles lle fixeron.