O proxecto "Aprende coas mulleres galegas" da Secretaría Xeral da Igualdade pretende achegarnos unha serie de biografías e actividades para coñecer, afondar e dar visibilidade a mulleres galegas de especial relevancia. Con este programa pretendemos concienciar as nenas e nenos da invisibilización de mulleres, moitas delas descoñecidas para o alumnado e para a cidadania e amosar as súas contribucións e achegas e o seu coñecemento a sociedade. O mesmo tempo a Secretaria Xeral da Igualdade quere seguir traballando na promoción da igualdade e na eliminación dos estereotipos de Xénero amosando mulleres fortes en todos os eidos, que souberon adiantarse ó seu tempo e rachar cos estereotipos de xénero do momento que lles tocou vivir.
Ademais dunha pequena biografía da muller seleccionada o caderno conten unhas serie de actividades de investigación e descubrimento para que o alumnado poida seguir traballando e explorando na vida da muller escollida, sempre cunha perspectiva de xénero.
http://igualdade.xunta.gal/gl/recursos/aprende-coas-mulleres-galegas
Fichas publicadas
![Caricatura Maruja Mallo](https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/inline-images/1_MARUJA_MALLO_1-1.jpg)
Maruja Mallo foi unha pintora galega de recoñecemento internacional. Considerada unha das máximas representantes do surrealismo, a súa obra destaca en todos os ámbitos por unha constante e innovadora evolución artística.Unidade didáctica Maruja Mallo 2.4 MB
![Caricatura VIctoria Moreno](https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/inline-images/2_MVictoria-MORENO-1.jpg)
Mª Victoria Moreno foi unha profesora e escritora en lingua galega que se adicou principalmente á literatura infantil e xuvenil acadando un amplo recoñecemento polas obras "Anagnórise" e "Guedellas de seda e liño".Unidade didáctica MVictoria Moreno 2.93 MB
![Caricatura Ángela Ruiz](https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/inline-images/3_-ARuizRobles.jpg)
Ángela Ruiz chegou a Galicia con 23 anos para exercer como mestra preto de Ferrol. Non só ensinou a escribir a nenos e nenas, senón tamén a pais e nais analfabetos. Ademais de mestra foi inventora, deseñando o que se considera o primeiro prototipo do libro electrónico.Unidade didáctica A. Ruiz Robles 3.15 MB
![Caricatura Concepción Arenal](https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/inline-images/4_CONCEPCION-ARENALl-1.jpg)
Concepción Arenal foi unha xurista, escritora, xornalista e loitadora que traballou incansablemente pola igualdade das mulleres. Ao longo da súa vida estudou a situación das persoas presas nos cárceres e a condición da pobreza na sociedade.Unidade didáctica Concepción Arenal 2.86 MB
![Caricatura Ángeles Alvariño](https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/inline-images/5_ANGELES-ALVARI%E2%80%A2O-1_0.jpg)
Ángeles Alvariño foi unha científica galega de recoñecemento internacional. Estudou Ciencias Naturais e foi a primeira muller en viaxar como científica nun buque de investigación británico. Os seus traballos tiveron especial relevancia e aplicación na oceanografía e na bioloxía mariña.Unidade didáctica Angeles Alvariño 2.74 MB
![Caricatura Ernestina Otero](https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/inline-images/6_ERNESTINA-OTERO-1.jpg)
Ernestina Otero foi unha mestra e pedagoga galega que traballou para implantar un novo xeito de aprender nas escolas. Ernestina estuda Maxisterio en Pontevedra e logo marcha a Madrid á Escola de Estudos Superiores, sendo unha das primeiras mulleres na universidade. Unidade didáctica Ernestina Otero 2.9 MB
![Caricatura María Wonenburger](https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/inline-images/7_MARIA-JOSEFA-WONENBURGER-1.jpg)
María Wonenburger foi unha matemática e investigadora galega de renome internacional que traballou no campo da álxebra. Afeccionada a deportes coma o hóckey e o baloncesto, foi unha alumna sobresaínte e unha gran políglota. Foi a primeira muller en acceder a unha bolsa Fulbright.Unidade didáctica María Josefa Wonenburger 2.48 MB
![Caricatura Emilia Pardo Bazán](https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/inline-images/8_EmiliaPARDOBAZAN-1.jpg)
Emilia Pardo Bazán foi unha escritora, xornalista, editora e catedrática galega, defensora dos dereitos da muller e precursora do movemento feminista. Foi a primeira muller catedrática en Literatura Contemporánea.Unidade didáctica Emilia Pardo Bazán 2.52 MB
Olimpia Valencia foi a primeira médica galega. Tras estudar Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e realizar en Madrid a súa tese de doutoramento, abriu en Vigo a primeira clínica de xinecoloxía dirixida por unha muller. Unidade didáctica Olimpia Valencia 2.99 MB
![Caricatura Filomena Dato](https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/inline-images/10_FILOMENA-DARO-1.jpg)
Filomena Dato foi unha escritora, poeta, oradora e feminista galega. Na súa recompilación de poemas en galego, Follatos, fai unha alegación do papel da muller fronte aos estereotipos existentes a finais do século XIX. O poema "En defensa das mulleres" está considerado unha das primeiras obras feministas da nosa literatura. Unidade didáctica Filomena Daro 3.25 MB
![Caricatura Isabel Zendal](https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/inline-images/11_ISABEL_ZENDAL-1_0.jpg)
Isabel Zendal foi unha enfermeira galega que formou parte da expedición para levar a vacina da varíola a América. Dende moi nova trasladouse da súa parroquia natal, en Ordes, á Coruña para traballar no Hospital da Caridade coidando dos nenos e nenas do orfanato. Unidade didáctica Isabel Zendal 3.09 MB
![Caricatura Rosalía de Castro](https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/inline-images/12_Rosalia_de_Castro-1.jpg)
Rosalía de Castro foi unha poeta e novelista galega, considerada como a máis destacada autora do Romanticismo do século XIX e unha das maiores representantes do Rexurdimento galego.
Unidade didáctica Rosalía de Castro 3.29 MB
![Caricatura Antonia Ferrín](https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/inline-images/13_Antonia_Ferrin-1_0.jpg)
Antonia Ferrín foi unha matemática e astrónoma galega que obtivo as licenciaturas de química, farmacia e matemáticas. Foi mestra de escola, de instituto e de universidade. Destacou coma investigadora sendo a primeira muller en defender unha tese de Astronomía en España.Unidade didáctica Antonia Ferrin 2.69 MB
![Caricatura María Casares](https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/inline-images/14_MARIA-CASARES-1.jpg)
María Casares foi unha actriz galega de cine e teatro. Viuse obrigada a abandonar España tras o levantamento fascista e ao longo da súa carreira acadou numerosos recoñecementos coma a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes en España ou o Grand Prix national du théàtre en Francia. Unidade didáctica María Casares 2.73 MB
![Caricatura Luz Pozo Garza](https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/inline-images/15_LUZ-POZO-GARZA-1.jpg)
Luz Pozo Garza foi unha escritora, docente, poeta e crítica literaria. Estudou Maxisterio e Filoloxía Románica e ten unha grande obra literaria, destacando os poemarios Paxaro na boca ou Códice Calixtino. Dirixiu as revistas literarias Nordés e Orión, foi membro da Real Academia Galega e no ano 2005 foi galardoada coa medalla Castelao. Unidade didáctica Luz Pozo Garza 3.13 MB
![Caricatura María Barbeito Cerviño](https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/inline-images/16_MARIA-BARBEITO-1.jpg)
María Barbeito Cerviño foi unha mestra, pedagoga, tradutora, escritora e divulgadora que introduciu o método Montessori en Galicia, que se basea na liberdade e a autoaprendizaxe para poñer ao alumnado no eixo da educación.Unidade didáctica María Barbeito 2.79 MB
![Caricatura Isabel Barreto](https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/inline-images/17_ISABEL-BARRETO-1.jpg)
Isabel Barreto foi unha navegante galega, ademais de gobernadora e adiantada, foi a primeira muller na historia da navegación en obter o cargo de almirante. Descendente dunha familia portuguesa cunha importante tradición na expedición marítima, realizou expedicións a Perú e as illas Salomón. Unidade didáctica Isabel Barreto 2.89 MB
![Caricatura Elisa Patiño](https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/inline-images/19_-ELISA-PATInO-1.jpg)
Elisa Patiño foi unha aviadora galega, a primeira muller en pilotar un avión en Galicia. O día 12 de outubro de 1913 na praia de Baltar, "Chichana" como era coñecida, despegou co seu aeroplano deixando entusiasmada a toda a poboación. Unidade didáctica Elias Patiño 2.03 MB
![Caricatura María Vinyals](https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/inline-images/18_MARIA-VINYALS-1.jpg)
María Vinyals foi unha escritora, sufraxista e activista social galega. Considerada unha das pioneiras da reivindicación feminista en Galicia, destacou pola súa intensa actividade na loita pola igualdade a través dos seus artigos, conferencias e iniciativas. Unidade didáctica María Vinyals 2.39 MB
![Caricatura Exeria](https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/inline-images/20-EXERIA_ACTIVIDADES-1.jpg)
Exeria naceu na provincia romana da Gallaecia. Realizou unha viaxe de tres anos de duración na que peregrinou ao Oriente próximo e reflectiu toda esta viaxe nun libro no que relata as súas aventuras. Este libro converterase no primeiro libro de viaxes escrito por unha galega.Unidade didáctica Exeria 2.73 MB
![Caricatura María Luz Morales](https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/inline-images/21_MARIA-LUZ-MORALES-1.jpg)
María Luz Morales foi unha xornalista, escritora, crítica teatral e asesora de tradución de guión para a produtora Paramount. Polo seu traballo en diferentes medios convértese nun referente no mundo do xornalismo e no ano 1963 é recoñecida co Premio Nacional de Teatro.Unidade didáctica María Luz Morales 2.84 MB
![Caricatura Manuela Barreiro](https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/inline-images/22_MANUELA-BARREIRO-1.jpg)
Manuela Barreiro foi a primeira muller farmacéutica de Galicia. Foi a primeira muller en Galicia en acadar o título de bacharelato, a primeira muller licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela, na que obtén o título de Farmacia, e a primeira muller en ter unha farmacia de seu. Unidade didáctica Manuela Barreiro 2.70 MB
![Caricatura Rita Fernández Queimadelos](https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/inline-images/23_RITA-QUEIMADELOS-1.jpg)
Rita Fernández Queimadelos foi a primeira arquitecta nada en Galicia. Estudou na Facultade de Ciencias de Santiago, asistiu á Escola de Artes e Oficios e, tras rematar esa primeira formación, marchou a Madrid a estudar arquitectura. Entre as súas obras destacan o antigo concello de Fuenlabrada, os proxectos de reconstrución de Carabanchel ou os traballos realizados como arquitecta municipal en Mula (Murcia).Unidade didáctica Rita Queimadelos 4.41 MB
![Caricatura Xela Arias](https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/sites/default/files/inline-images/24_XELA-ARIAS-1.jpg)
Xela Arias foi unha escritora, editora, tradutora e profesora de literatura. Foi unha muller comprometida, ecoloxista e feminista. Participa en movementos culturais como a Festa da Palabra Silenciada, revista de cultura producida por Feministas Independentes Galegas, ou en Burla Negra, contra o desastre do Prestige. Entre as súas obras destacan Diario a diario ou Tigres como cabalos.Unidade didáctica Xela Arias 3.19 MB