Skip to Content

Museo virtual

Museo de Ciencia

 

O IES Sánchez Cantón é un dos seis institutos que pertencen a rede de Institutos históricos de Galicia dependente a súa vez do MUPEGA. Fundado en 1846 no Plan Pidal, pasou por varias sedes e edificios (entre eles o edificio do IES Valle-Inclán trala división en instituto masculino e feminino en 1963) para finalmente instalarse na actual localización en 1971. O edificio actual data de 1986.

Ao longo da súa dilatada traxectoria coma un dos centros de referencia na provincia foi adquirindo unha colección de pezas de enorme valor patrimonial entre as que cabe destacar as pezas do Museo de Ciencias Naturais Don Mariano García Martínez, as do Museo Científico e Tecnolóxico, a colección ornitolóxica (doazón de Victor Seoane López en 1866). Toda esta colección engloba o Museo de Ciencia do IES Sánchez Cantón. Cabe destacar que a colección do Museo de Ciencia do centro é a que maior número de pezas ten da provincia e unha das que maiores de Galicia.

O seguinte enlace da acceso a colección de pezas do Museo así como a reprodución dos experimentos realizados polo noso alumnado. Esta última labor está en continua construción completando ano tras ano, xunto co noso alumnado, os contidos didácticos do noso Museo.https://museocientificosc.wordpress.com/

Distribuir contido


by Dr. Radut