Skip to Content

TEATRO: ACTIVIDAD EXTRAESCOLAR

Este curso 2021-2022, o IES Sánchez Cantón ofrece "Teatro" como actividad extraescolar. Comezará en outubro e as clases serán todos os xoves desde as 16:30 a 17:45 para 1º e 2º ESO, e de 17:45 A 19:00 para 3º, 4º e 1º BACHARELATO. 

O prezo é de 15 euros ao mes, agás para todo aquel alumnado que perteneza a ANPA, asociación que subvencionará a actividade con 5 euros ao mes, polo que o custo para os asociados será de 10 euros.

 

 

AS NOSAS ALUMNAS RECIBEN HOXE O PREMIO ARTE-CONCIENCIA EN VALENCIA

Hoxe, xoves 23 de setembro, as alumnas Sofía Boullosa García, Irene García Pérez e Sabela Pérez Bouzas de 2º de bacharelato, acompañadas polas profesoras de Física e Química Marta Rodríguez Quiroga e Carmen Losada López, reciben o 1º Premio Nacional na sección de Vídeo no concurso Express-Arte ConCiencia, organizado polo IFIC.

A entrega comezará ás 17:30 h. no salón de actos do edificio de cabeceira do Parc Científic da Universitat de València (Paterna), e todos aqueles que o desexen poderán seguir a cerimonia a través do seguinte enlace.

https://cern.zoom.us/j/62620140163?pwd=djVGOHFVUHBIL1RNTHEzWlZhdUNCdz09

Meeting ID: 626 2014 0163
Passcode: 932724 

Para máis información, adxuntamos o Programa do evento.

 

 

INFORMACIÓN SOBRE EDIXGAL

Preme na seguinte ligazón para acceder á información sobre a plataforma Edixgal (folleto informativo e videotitoriais)

 

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal/informacion-para-familias

HORARIO DAS PRESENTACIÓN DE ESO, BACHARELATO, CICLO "TSEASD" E EEDD

 

PRESENTACIÓNS: mércores, 15 de setembro de 2021 

  

ESO -  BACHARELATO

Hora

Nivel

Espazo

 
       

De 9:00 a 9:50

1º ESO

Paraninfo

 

De 9:50 a 10:40

2º ESO

Paraninfo

 

De 10:40 a 11:40

3º ESO

Paraninfo

 

De 11:45 a 12:45

4º ESO

Paraninfo

 

De 12:45 a 13:45

1º BACH

Paraninfo

 

De 13:45 a 14:30

2º BACHARELATO

Paraninfo

 

  

·        O alumnado accederá ao centro pola porta principal. No vestíbulo hixienizará as mans con hidroxel.

    No Paraninfo será recibido polo Equipo Directivo, o Orientador/a e os titores/as. Alí se lles asignará un grupo e, posteriormente, serán acompañados polo seu titor/a á aula que lles corresponda, onde recibirán información sobre as normas do centro e protocolo Covid19.

    O alumnado acudirá con máscara.

    Os responsables dos alumnos e alumnas non poderán acceder ao recinto escolar.

         Unha vez rematada a presentación se respectará o horario lectivo de cada grupo: de 9:00 a 14:30.

 

PRESENTACIÓNS: Luns, 20 de SETEMBRO DE 2021 

   

CICLO

     

Hora 

Grupo 

Espazo 

De 10:00 a 10:30 

1º TSEASD

Paraninfo

De 10:30 a 11:00 

2º   TSEASD

Paraninfo

O alumnado accederá pola porta principal e acudirá ao Paraninfo, onde serán recibidos polo Equipo Directivo e os titores/as.

 O alumnado respectará o protocolo Covid poñendo a máscara, gardando as distancias e hixienizando as mans.

   

EEDD 

Hora 

Grupo 

Centro 

AULA

De 10:00 a 10:30 

N1 

CGTD

 B1

De 10:30 a 11:00 

N3 

CGTD

 B1

 O alumnado accederá pola porta principal e acudirá á aula B1 no edificio do CGTD, onde serán recibido pola Xefa de Estudos e os titores/as.

 O alumnado respectará o protocolo Covid poñendo a máscara, gardando as distancias e hixienizando as mans.

 

 

 

PARABÉNS A CAETANO HORTA , DIPLOMA OLÍMPICO

A comunidade educativa do IES Sánchez Cantón quere facer chegar os seus parabéns a Caetano Horta polo seu recén adquirido Diploma obtido nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020 celebrados este verán. Sentímonos orgullosos de ter contado cun alumno tan brillante no noso centro.

 

Ver noticia

RESULTADO SORTEO PARA O PRÉSTAMO DE LIBROS DE TEXTO 2021-2022

O alumnado que solicitou participar no sorteo público celebrado o venres 10 de setembro de 2021 no paraninfo do instituto, poderá ver as listas no taboleiro do vestíbulo cos libros de texto adxudicados (marcados cun X).

Os ALUMNOS/AS QUE RECIBIRON O VALE DE MATERIAL ESCOLAR non aparecen no listado, pero TEÑEN CONCEDIDO O LOTE COMPLETO DE LIBROS DE TEXTO.

 

AVISO PARA O ALUMNADO DE EEDD (PROBAS ACCESO N1 FÚTBOL)

O alumnado que se presente ás probas de acceso do vindeiro luns 13 de setembro terá que ter en conta:

  1. Non haberá posibilidade de utilizar os vestiarios das instalacións deportivas, polo tanto haberá que deixar as pertenzas persoais nas bancadas exteriores.
  2. Cada participante deberá traer a súa propia bebida en caso de necesitala.

 

 

CHEQUES DE MATERIAL ESCOLAR (SETEMBRO)

Todo o alumnado que ten concedido o cheque de material escolar pode pasar a recollelo na conserxería do centro.

SORTEO PÚBLICO PARA ADXUDICACIÓN DOS LIBROS DE TEXTO NOS CURSOS DA ESO

O vindeiro VENRES 10 de setembro, ás 11:00 h., realizaremos un sorteo público no vestíbulo do centro para adxudicar os lotes de libros de texto.

DATA DE INICIO DO CURSO 2021-2022

O próximo mercores 15 de setembro comezan as clases de Secundaria, Bacharelato, Ciclo Formativo e EEDD segundo o calendario escolar publicado pola Xunta de Galicia para o curso 2021 - 2022.

O horario será o habitual neste centro antes da pandemia: de luns a venres desde as 9:00 ata as 14:30, e os luns pola tarde de 16:30 a 18:10. 

A partir do luns 13, publicaremos o horario de presentacións.

Distribuir contido


by Dr. Radut