Skip to Content

Charla do Banco de Alimentos de Pontevedra

Este venres 21 de outubro, visitaron o centro os representantes do Banco de Alimentos de Pontevedra para informar ao alumnado de 1º de bacharelato da campaña nos supermercados que se realizará os días 25 e 26 de novembro, para a cal solicitaron a súa axuda.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Charla Banco de Alimentos

Cora Velasco, madriña da promoción de 2022

O pasado venres 7 de outubro, a cantante e actriz Cora Velasco amadriñou á promoción de 2022. O alumnado de 1º ESO preparou un recibimento digno da súa madriña: elaboraron unha presentación na que reflictiron a súa vida e a súa obra e prepararon preguntas para ela, preguntas que a madriña contestou con moita paciencia e moito agarimo. Este vídeo é unha pequena mostra do que sucedeu no paraninfo do IES Sánchez Cantón, momentos de risas e emoción para todos os que alí estivemos.

 

Os xornais máis relevantes fixéronse eco desta noticia.

https://www.farodevigo.es/pontevedra/2022/10/07/cora-velasco-madrina-alumnado-ies-76989633.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2022/10/08/cora-velasco-vuelve-sua-casa-madrina-126-alumnos/0003_202210P8C4991.htm

 Ademais adicou aos pequenos unha fermosa canción, que cantou a capela, deixándoos a todos abraiados. Non se escoitaba nada máis que a súa voz.

E logo, participou da ledicia dos nenos acompañando o seu cantar.

 

 

Casa Museo Rosalía de Castro

O pasado venres 7 de outubro, o alumnado de 3º ESO A, 3º ESO B-PDC e 2º bacharelato que cursa a materia optativa de "Literatura Galega do século XX", visitou, acompañado das súas profesoras Salomé Díaz Muñiz e Conchi Díaz Candán, a Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón. Velaí unha mostra desta visita.

Pica no álbum para ver as fotos

Álbum: Viaxes didácticas -> Casa Museo Rosalía de Castro

Experimentación no noso laboratorio de Química, Malena Centeno Pardilla

O pasado martes 27 de setembro, o alumnado de 4º ESO asistiu a un obradoiro de experimentos químicos organizado polo Centro de Investigación CINBIO da Universidade de Vigo. Esta actividade foi proposta e organizada polas profesoras do Departamento de Física e Química, Sonia Ríos, Carmen Losada e Cristina Álvarez.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Experimentando no laboratorio Malena Centeno Pardilla

"Na súa memoria, na nosa Memoria"

O pasado 16 de agosto a profesora do departamento de Lingua Galega, Conchi Díaz Candán, participou na xornada organizada en Pontevedra pola "Mocidade Galega pola Memoria". A profesora foi coordinadora, xunto coa súa compañeira Anxos Rial Vidal, dun proxecto realizado o curso pasado co alumnado de 4º ESO: "Na súa Memoria, na nosa Memoria". 

A súa intervención foi un inmellorable exemplo de como, desde o ensino, se reivindica a igualdade, o feminismo e a Memoria das mulleres represaliadas en Pontevedra.

 

Álbum: Actividades -> Na súa Memoria, na nosa Memoria

Fotos Graduación 2022

 

Compartimos enlace para ver as fotografías da Graduación 2022:


https://drive.google.com/drive/u/1/folders/1vMxfU9GmzFc-3Lp2yMJNMX7hN9d898Bk

 

 

 

Feira da Ciencia 2022

A pasada semana, parte do alumnado do Club de Ciencia preparou unha pequena feira na que nos explicou o funcionamento e repercusión histórica dalgunhas das pezas do Museo da Ciencia.

Moitas grazas polo voso estupendo traballo e implicación durante todo o curso. Grazas tamén ao alumnado que se achegou  á exposición e así axudou a facela posible.

Pica na foto para ver o álbum

 

Álbum: Actividades -> Feira da Ciencia

Memoria gráfica dos Clubs de Lectura

Este vídeo é unha pequena mostra das reunións de traballo desenvolvido polos Clubs de Lectura durante este curso 2021-2022.

Herbas de San Xoán no horto escolar

“Herbiñas de San Xoán, librádeme de todo mal”

O alumnado de 1º de ESO B e o alumnado de 1º ESO C , acompañados das súas titoras visitaron esta semana o noso horto escolar para coñecelo e achegarse a recoñecer as herbas de San Xoán e a súa tradición. 

A actividade consistiu nunha previa preparación en clase de lingua galega do tema “As herbas de San Xoán”, nome, utilidades e uso para a elaboración do cacho de San Xoán, maxia e tradicións na noite máxica e lecturas e refráns relacionados. Completouse coa visita ao horto onde a profesora de bioloxía Antía e os horteláns Anxo e Paco lles explicaron e amosaron cada herbiña e como recoñecela.

Tamén recolleron uns amorodos do horto que a rapazada comeu e desfrutou; algúns deles e delas xa se apuntaron para seren horteláns axudantes o vindeiro curso.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Visita ao horto

Entrega de certificacións de nivel das probas de inglés administradas por Cambridge Assessment

O pasado martes 21 de xuño tivo lugar no noso centro a entrega de certificacións de nivel das probas  de inglés B1  Preliminary,  B2  First e  C1  Advanced administradas por Cambridge  Assessment. Estas probas realizáronse  en virtude do programa de axudas da  Consellería de Educación da Xunta de Galicia nas que se matricularon un total de 83 alumnos e alumnas do IES Sánchez Cantón de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato. Á vista dos excelentes resultados  obtidos, o noso instituto  ten a intención de participar de novo neste programa no curso 2022/23 coa fin de promover a competencia comunicativa en inglés do noso alumnado. Parabéns a todo o alumnado participante.

Distribuir contido


by Dr. Radut