Skip to Content

As alumnas Claudia Casal e Violeta Fortes finalistas no concurso nacional de “Educación cívico-tributaria”

Casal Campelo e Violeta Fortes Villaverde Claudia, alumnas de 4º de ESO D no curso 21-22, participaron xunto cos seus compañeiros no concurso de “Educación cívico-tributaria”. Claudia resultou finalista na modalidade de peza de publicidade gráfica, e Violeta na modalidade de redacción.

Os alumnos de 4º de la ESO no curso 21-22 da materia de Economía recibiron una charla impartida pola técnico da Axencia Tributaria, Rebeca Calviño.  A ponente de xeito moi ameno e didáctico expuxo a  finalidade dos impostos e importancia de que os cidadáns  asuman as responsabilidades derivadas dos mesmos.

Posteriormente participaron individualmente no  concurso de “Educación cívico-tributaria”, que ten por obxecto que os xóvenes comprendan a importancia de cumplir as obligacións fiscais, para disfrutar duns bens públicos de calidade. Este concurso crea un marco onde os alumnos logo de asumir os conceptos, traballan a expresión oral, escrita, a comunicación audiovisual, a competencia dixital e desenvolven a súa creatividade ao tempo que comprenden o funcionamento das institucións e a realidade socioeconómica.

O departamento de Economía, agradece a colaboración puntual prestada polos profesores  Ernesto González Torterolo e Fita González, dos departamentos de Educación Plástica e Visual, e Lingua Castelá, respectivamente.

Felicitar ó alumnado de 4º de ESO D do curso 21-22, pola ilusión e o bo facer que puxeron no concurso, así como en todas as actividades propostas.

Parabéns a Claudia Casal e Violeta Fortes, que recibiron o diploma o pasado mes de xuño de mans dos representantes da Delegación da Axencia Tributaria en Pontevedra.

 O vindeiro 20 de xaneiro desplazaranse a sede da Axencia Tributaria en Madrid, onde se fallarán os premios a nivel nacional.

 

Visita a laboratorios da USC

O pasado venres 2 de decembro, o alumnado de Física e Química de 2º bacharelato, visitou dous laboratorios da USC (CIQUS e CACTUS), onde varios investigadores realizaron con eles uns obradoiros que os puxeron en contacto co mundo da investigación científica.  

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Visita a centros de investigación da USC

Viaxe a París e Estrasburgo

Alumnado de 2º Bacharelato acaba de aterrizar tras unha viaxe didáctica organizada pola profesora de Francés, Mar Villaverde. A docente, acompañada polo profesor de Matemáticas José Luis Rodríguez, iniciou esta viaxe con 21 alumnos e alumnas o día 9 de decembro, regresando a Pontevedra o día 13 deste mes.

En París, o alumnado visitou a sede da Unesco, os museos Louvre, Orsay e Orangerie, ademais da Sorbona, os Campos Elíseos, o Arco do Triunfo, Notre Dame, os Xardíns de Luxemburgo, a Bastilla, as Tullerías, o Sacré Coeur, Pigalle, a Ópera Garnier e Montparnasse. Recolleu no cumio da Tour Eiffel, de mans de José Luis Rodríguez, xefe de estudos do IES Sánchez Cantón, o Delf B2 (o 4º dos 6 niveis do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas).

O martes 13, a comitiva acudiu ao Parlamento Europeo en Estrasburgo onde asistiu a unha sesión plenaria e visitou o mercado de Nadal de Estrasburgo, que é un dous máis antigos de Europa.

 Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> París-Estrasburgo

"Nube de palabras" recibe o 2º Premio Nacional de Clubes de Lectura Escolares

 

 O club de lectura do IES Sánchez Cantón vén de recibir un dos segundos premios do certame nacional “Premios Clubes de Lectura Escolares” na modalidade B (centros sostidos con fondos públicos de Educación Secundaria Obrigatoria, incluídos os centros que impartan ciclos formativos de grao básico e centros de educación de persoas adultas) convocado polo Ministerio de Educación para premiar os proxectos de promoción de lectura desenvolvidos  no territorio nacional, ao longo do curso 2021/22.

 No certame resultaron premiadas oito experiencias de clubs de lectura das Bibliotecas Escolares de Galicia, de Educación Primaria e Secundaria, comunidades de fomento e promoción das prácticas lectoras, puntos de encontro, socialización e inclusividade entre a rapazada máis nova.

 Para todo o equipo do club de lectura “Nube de Palabras” do IES Sánchez Cantón que leva en marcha aproximadamente 10 cursos e que no presente curso 22/23 conta con 15 grupos lectores – con 10 /12 membros por grupo, arredor de 170 alumnos e alumnas-  para o alumnado da ESO e Bacharelato,  que len en catro linguas: galego, portugués, castelán e inglés, con clubs de xenéricos de narrativa nestas linguas e temáticos de imaxes, cultura clásica e igualdade, trátase dun recoñecemento importante ao seu proxecto.

 Os mediadores e mediadoras que coordinan os grupos e comparten as lecturas co noso alumnado, co obxectivo de desfrutar das mesmas e  desenvolver a  súa formación coma lectores críticos (11 docentes de materias diversas: Lingua galega e literatura, música, relixión, matemáticas, inglés…) están moi satisfeitos de recibir este galardón e a axuda económica que conleva xa que esta revertirá na subvención de encontros cos autores e autoras, na adquisición de fondos para o club e posiblemente na realización dalgún roteiro literario coa mocidade lectora.  

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/premio-do-ministerio-ao-club-lectura-do-ies-sanchez-canton/202212112121331230912.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/educacion/2022/11/17/galicia-da-lecciones-lectura-colegio/00031668710241889924998.htm

Visita a Tui

O pasado mércores 7 de decembro, o alumnado de Relixión de 3º ESO realizou unha saída á catedral e a vila de Tui cos profesores Juan García, Beatriz Trillo, Soledad Estévez e David Rodríguez.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Saída a Tui

Debuxando nas Palmeiras

A pasada semana o grupo de Debuxo Artístico de 2º bacharelato realizou unha saída ao parque das Palmeiras para observar e  refllictir a plenitude da natureza nos seus cadernos. O alumnado foi acompañado pola súa profesora de EPVA, Aina Climent Pavía.

Aquí deixamos unha pequena mostra dunha clase en contacto co mundo que nos rodea.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Debuxando nas Palmeiras

1º Concurso de Debuxo contra a Violencia de Xénero

O pasado 1 de decembro entregáronse os premios aos mellores traballos do 1º Concurso de Debuxo contra a Violencia de Xénero, convocado e organizado pola profesora de EPVA Aina Climent Pavía. Segundo comentou algún dos membros do xurado, a decisión non foi doada, pois a calidade dos traballos era boa e a participación alta. 

Uxía de la Cierva Morales de 2º bacharelato D foi a gañadora. Amina Najid Elkasdi, que cursa 3º PDC acadou o 2º premio e Noelia Nieto García de 4º ESO B , obtivo o 3º premio.

Noraboa ás premiadas e a todos aqueles que participaron neste concurso polo seu bo facer e o seu compromiso solidario coa realidade que nos rodea.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> 1º Concurso de Debuxo contra a Violencia de Xénero

25N 2022

Hoxe unímonos ao minuto de silencio en apoio ás víctimas da violencia de xénero. Desapareceron as voces, as risas, os pasos apresurados, dando lugar a 60 segundos do máis apabullante silencio solidario e respectuoso.

No vestíbulo da entrada, os paneis mostraban a un alumnado concienciado coa lacra social que supón o maltrato á muller.

 

Álbum: Actividades -> 25 N 2022

Presentación do libro "Noches" de Alfredo Marques

O pasado luns 21, o noso exalumno Alfredo Marques presentou o libro de poemas Noches ante aqueles que foron os seus compañeiros ata hai dous cursos, cando decidiu orientar os seus estudos cara ao bacharelato de Artes.

Tras recibir o Premio Minerva, escolleu presentar o seu novo libro neste centro no que viviu o seu crecemento físico e intelectual, ao tempo que o seu talento artístico.

Alegrámonos moito do seu éxito e confiamos en que moi pronto volva coa súa próxima obra. 

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Noches, de Alfredo Marques

Halloween short story contest

O mércores 16 o Departamento de Lingua Inglesa entregou o seu merecido premio ás gañadoras do concurso de relatos curtos de Halloween. Irene Chayán e Mariña Maceiras levaron o recoñecemento do xurado grazas as súas historias de terror, nas que vivimos unha terrorífica experiencia no ascensor do instituto e unha escalofriante historia no ximnasio do centro, respectivamente. Agardamos que Irene e Mariña o pasen de medo no Escape Room. Parabéns!

Pincha na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Halloween short story contest
Distribuir contido


by Dr. Radut